25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

vive nigrán

Un concerto marítimo nun barco en ruta ás illas Cíes abre o Vive Nigrán

Cartel con Novedades Carminha, Ángel Stanich, Las Chillers, Hidrogenesse, Meneo, Delafé, Los Nastys, Los Vinagres, Monterrosa, Hickeys e Adriana Proenza

19 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A primeira actividade do Vive Nigrán foi un concerto a bordo dun barco. / Foto: Xunta A primeira actividade do Vive Nigrán foi un concerto a bordo dun barco. / Foto: Xunta

Un recital marítimo da artista franco-galega Mounqup a bordo dun barco en ruta ás illas Cíes foi a actividade especial que se desenvolveu este xoves como prólogo musical ao festival Vive Nigrán, que celebrará a súa terceira edición en Praia América esta fin de semana.

O concerto contou coa asistencia do alcalde de Nigrán, Juan González; da deputada provincial Ana Laura Iglesias  e de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Baixo o concepto de picnic-pop festival, Vive Nigrán terá lugar os días 19 e 20 de xullo coas actuacións entre outros, de Novedades Carminha, Ángel Stanich, Las Chillers, Hidrogenesse, Meneo, Delafé, Los Nastys, Los Vinagres, Monterrosa, Hickeys e Adriana Proenza. Tamén ofrecerá sesións DJ, actividades náuticas, gastronomía e obradoiros para público familiar. No marco de FEST Galicia acollerá distintas accións de difusión de programas a prol da igualdade, do uso da lingua galega, do respecto medioambiental e de valores positivos para a mocidade.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos