17112019Dom
Última edición: Sáb, 16 Nov 2019 8pm

A Xunta adxudica a explotación da presa de Baiona e ameaza a Vigo

A administración autonómica advierte de que explotación da presa é asumida por Augas de Galicia polo que o Concello, como titular do abastecemento de auga no municipio, debe aboarlle o canon para asumir os gastos do encoro

16 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Encoro de Baíña, en Baiona. / Foto: Arquivo Encoro de Baíña, en Baiona. / Foto: Arquivo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informou este domingo de que, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar o servizo de explotación e mantemento da presa de Baiona por un investimento de preto de 200.000 euros. Ademais, sinala que se o Concello de Vigo non firma un convenio fará o mesmo con Eiras.

O contrato para a xestión do encoro de Baíña foi adxudicado á empresa, Ain Active SLU, que asume todas as tarefas vencelladas coa conservación e adecuado funcionamento da presa deste concello pontevedrés, así como dos seus equipos e instalación. A duración do contrato é de 24 meses, segundo informou a Xunta nun comunicado de prensa.

"Correspóndelle á adxudicataria a realización dos traballos necesarios de conservación de todos os dispositivos de control, órganos de desaugue, accesos e demais instalacións, equipos auxiliares e sistemas de comunicación", explica a consellería.

A presa de Baiona encora as augas do río Baíña e está situada no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa. Ten unha altura sobre cimentos de 43,50 metros e un volume encorado de 0,64 Hm3. Trátase dunha das principais infraestruturas de abastecemento de auga deste concello, xa que dende este encoro cáptase a maior parte da auga que a súa poboación demanda anualmente.

Esta infraestrutura é explotada pola Xunta, a través de Augas de Galicia, que apoia ao Concello no desenvolvemento das súa competencias de prestación do servizo municipal de abastecemento.

"Deste xeito, debido á asunción por parte da Xunta destas tarefas de mantemento e explotación da presa, o Concello como titular do abastecemento de auga no municipio de Baiona, debe aboarlle á Administración autonómica o canon de regulación previsto pola Lei para asumir os gastos do encoro", sinala o comunicado.

Vilagarcía e Vigo
A Xunta vén de adxudicar tamén un contrato similar para a explotación e o mantemento da presa do Con, no concello de Vilagarcía de Arousa. "E tamén prevé licitar un contrato semellante para a presa de Eiras, en Vigo, no caso de que o Concello desta cidade, titular do sistema de abastecemento rexeite asinar o convenio coa Xunta para asumir estas tarefas e evitar así o pago do canon de regulación previsto na lei", conclúe.

A advertencia chega uns días despois de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciase que o Concello non ía pagar os 645.000 euros que a Xunta lle reclama como canon de regulación da auga. "Queren cobrar por non facer nada”, asegurou entón Caballero.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos