16092019Lun
Última edición: Dom, 15 Sep 2019 8pm

Actuacións de limpeza e conservación no río Muíños

As obras permiten favorecer a circulación fluída das súas augas e consisten na retirada de árbores e pólas caídas e o apeo dunha árbore con perigo de caída sobre o camiño

08 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Retirada de árbores caídos. / Foto: Xunta Retirada de árbores caídos. / Foto: Xunta

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Muíños, no Concello de Nigrán.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar da Levada, na parroquia de Camos.

As obras céntranse nun tramo de 129 metros e consisten na roza de maleza das marxes e na retirada de árbores e pólas caídas, así como o apeo dun árbore con perigo de caída sobre o camiño. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de tarefas, continúa realizando traballos na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos