25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 10am

Mozos e mozas de Oia, protagonistas dun videoclip contra o acoso escolar

Os participantes poñen rostro á canción ‘You’re not alone’, que xorde da colaboración entre os DJs Ludwig Van Brothers e a cantante Annie Rose

23 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un momento da rodaxe. / Foto: Concello de Oia Un momento da rodaxe. / Foto: Concello de Oia

Mozos e mozas de Oia protagonizan o videoclip da canción ‘You’re not alone’, no que se aborda o problema do acoso escolar. Este vídeo musical, de recente lanzamento, é o resultado da colaboración dos DJs e produtores  baioneses Ludwig Van Brothers e a cantante Annie Rose.

A canción quere enviar a mensaxe de que, ante calquera dificultade debemos seguir a nosa forza interior, porque non estamos sos. Partindo desta reflexión, o videoclip céntrase no ‘bullying’ e ten como protagonistas a un mozo e a unha moza de diferentes idades.

Realizado e producido por Samaín Producións, o audiovisual é froito de varias sesións de gravación desenvolvidas durante o pasado mes de marzo en diversos puntos de Oia e Baiona. Entre as localizacións escollidas para a rodaxe destaca o CEIP Mestre Manuel García (situado na parroquia de Santa María de Oia), así como varios puntos da costa de ambos municipios.

Cun estilo musical ‘electro house’ de festival, o tema ‘You’re not alone’ xorde da colaboración de Ludwig Van Brothers e a cantante Annie Rose, quen tamén é responsable da letra.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos