16092019Lun
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 10am

Nigrán ofrece un curso gratuíto de elaboración de licores tradicionais

O prazo de inscrición para a actividade, na que tamén se ensinará a facer conservas caseiras, está aberto ata o luns 8 de abril

01 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O curso ten unha duración de 18 horas. / Foto: Pexels O curso ten unha duración de 18 horas. / Foto: Pexels

O Concello de Nigrán ofrece un curso gratuíto de elaboración de licores tradicionais e conservas caseiras que se desenvolverá do 13 de abril ao 25 de maio no Centro Antena (Otero Pedrayo, 52). Os interesados poden inscribirse ata o 8 de abril na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (luns a venres de 9:00 a 14:00 horas).

Para a aceptación seguirase unha “rigorosa orde de inscrición”, na que terán prioridade os empadroados no municipio, ata completar as 20 prazas ofertadas. As clases terán lugar o 13 e o 27 de abril e os 11, 18 e 25 de maio de 16:00 a 19:00 horas.

O temario da formación, de 18 horas, inclúe aprender a facer licores tradicionais e conservas de cabaciña ou outra hortaliza, embotado de tomate e marmelada de laranxa. Os que desexen elaborar conservas e licores para levar para casa deben levar o seu propio material cos produtos que se lle indiquen.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos