23072019Mar
Última edición: Lun, 22 Jul 2019 8pm

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición nun curso gratuíto de obtención de sementes

Desenvolverase o 6 de abril no Centro Antena de 10:00 a 14:00 horas

23 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Concello de Nigrán./ Foto: Archivo Concello de Nigrán./ Foto: Archivo

O Concello de Nigrán ofrece un curso gratuíto de obtención de sementes o 6 de abril de 10:00 a 14:00 horas no Centro Antena (Otero Pedrayo, 52) tendo prioridade os empadroados no municipio. Os interesados poden inscribirse do 25 ao 29 de marzo na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar as 20 prazas ofertadas.

A formación inclúe aprender a distinguir as sementes locais das que non o son, o manexo e o saber popular, a biodiversidade como fonte de recursos e sostibilidade, os tipos de flores e polinización, os principais cultivos hortícolas e a súa polinización, ou como extraer, limpar secar e conservar as sementes.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos