20082019Mar
Última edición: Lun, 19 Ago 2019 7pm

A Arribada fala para todos

A representación teatral sobre o anuncio do descubrimento será interpretada este ano por primeira vez en lingua de signos

27 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Representación na praia Ribeira. / Foto: Arquivo Representación na praia Ribeira. / Foto: Arquivo

Baiona ofrecerá este ano por primeira vez na súa historia a representación teatral ‘Arribada do Descubrimento’ interpretada en lingua de signos. A escenificación terá lugar o sábado 2 de marzo (20.30 horas) e o domingo 3 de marzo (18:00 horas) na praia Ribeira, e nesta ocasión, as persoas xordas poderán gozar plenamente desta obra.

As persoas xordas interesadas en asistir contarán cun espazo reservado, polo que deben achegarse á ‘jaima’ da organización uns minutos antes do comezo da obra.

Deste xeito, Baiona quere amosar a súa sensibilidade e afirmar o seu “compromiso” en materia de accesibilidade para este colectivo, entendendo que “a cultura e o teatro son un dereito de todas a persoas”.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

tráfico

tecnología

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos