06122019Vie
Última edición: Jue, 05 Dic 2019 8pm

A Arribada premia cun ‘smartphone’ por ‘Cambiar a Historia’ en Instagram

A festa que se celebra esta fin de semana en Baiona lanza un concurso para difundir a campaña ‘Agresión Off’

26 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Xente paseando pola Arribada. / Foto: Arquivo Xente paseando pola Arribada. / Foto: Arquivo

Baiona activará esta fin de semana o concurso ‘Cambia a Historia’ durante a celebración da Festa da Arribada 2019, no marco da campaña ‘Agresión Off. Eu digo non á violencia sexual’. A iniciativa, que pon en xogo un ‘smartphone’, ten como obxectivo difundir a medida posta en marcha contra a violencia de xénero e monitorear a súa repercusión durante as celebracións.

O concurso, que se desenvolverá a través da rede social Instagram, comezará o venres 1 de marzo ás 20:00 horas e rematará o luns 4 de marzo ao mediodía. Para participar nel, os asistentes deberán subir unha fotografía ao seu perfil no ‘photocall’ ou cos bocadillos con mensaxes da campaña que se difundirá na Festa da Arribada, utilizando as etiquetas #cambiaahistoria e #agresiónOFF.

O ‘photocall’ estará instalado no exterior do punto informativo en materia de violencia de xénero, na rúa Elduayen, e os bocadillos con mensaxes acompañarán aos educadores e educadoras de rúa que estarán na festa facendo difusión da campaña. A foto que acade máis ‘likes’ gañará un Huawei Y6 2018 DS Black.

O ‘photocall’ e as mensaxes estarán dispoñibles o venres 1 de marzo dende as 20:00 ata as 2:00 horas do sábado; o sábado 2 dende as 20:00 horas ata as 3:00 horas do domingo e o domingo dende as 16:00 ata as 21:00 horas.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

vigo

ocio

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos