21052019Mar
Última edición: Mar, 21 May 2019 10pm

A Deputación esixe ao alcalde de Baiona que Sánchez Dragó non participe no ciclo de conferencias da Arribada

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, insta a Ángel Rodal a “que desista da impresentable elección dun individuo que insulta e denigra de forma insoportable as mulleres. Baiona non merece isto”

17 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Fernando Sánchez Drago./ Foto: sanchezdrago.com Fernando Sánchez Drago./ Foto: sanchezdrago.com

O Goberno da Deputación de Pontevedra, ao través da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, insta ao alcalde de Baiona a dar marcha atrás da “impresentable elección do homófobo Fernando Sánchez Dragó como cabeza de cartel do ciclo de conferencias da Festa da Arribada” que onte anunciou o concello do Val Miñor.

Abelairas cualificou de “incomprensible e bochornoso que no momento no que a sociedade más está a loitar pola igualdade, Ángel Rodal permita que un individuo que alardea publicamente de encontros sexuais con menores de idade, que insulta ás mulleres con epítetos irreproducibles, e que nega a violencia machista cando no que levamos de ano xa son nove as mulleres asasinadas, sexa conferenciante da Arribada, ensuciando amais unha Festa Internacional tan importante para a nosa provincia”.

A deputada de Igualdade engadiu que “desde a Deputación pedimos ao goberno municipal de Rodal que reflexione, que cambie a súa decisión e desista da contratación de Sánchez Dragó para non avergoñar a veciñanza de Baiona que non merece isto”. Abelairas lembrou as “obscenas declaracións do escritor para un movemento tan importante como o feminismo cando millóns de mulleres saíron as rúas o pasado 8 de marzo, a súa defensa da prostitución, as súas palabras de respaldo do golpe de estado do réxime franquista e os seus insultos á democracia”. “Cremos, dixo a deputada, que o alcalde de Baiona aínda está a tempo de rectificar e de mostrar que non se sitúa nas terribles trincheiras dos que apelan a nostalxia do peor de séculos pasados. Estou segura, rematou Abelairas que os seus veciños e sobre todo as súas veciñas estarán de acordo”

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

el tiempo

  • El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo
    El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo Tras varias jornadas debatiéndose entre nubes y claros y con temperaturas que no logran alcanzar los 20 grados, Vigo experimentará un cambio de tendencia con la llegada del fin de semana. La subida de los termómetros será progresiva pero se…
    Leer más...

conflicto laboral

solidaridad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos