14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 3am

Baiona acondicionará o paseo fluvial do Baíña a través do Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha partida para mellorar a senda que transcorre polo río

07 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A senda do río Baíña. / Foto: Concello de Baiona A senda do río Baíña. / Foto: Concello de Baiona

O deputado de Cooperación, Carlos López Font, informou este xoves da aprobación mediante unha resolución presidencial dun novo investimento a Baiona ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra por un total de 42.130 euros. Trátase dunha axuda que se destinará ao proxecto de acondicionamento do paseo fluvial sobre o río Baíña, que o Concello quería mellorar.

Desde xeito, o goberno de Carmela Silva pon a disposición de Baiona este ano un total de 951.515 euros a través do Plan Concellos 2019, o que supón un 3,23% máis que no exercicio anterior.

Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 661.257 euros, Baiona tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 84.174 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 206.083 euros da Liña 3 de emprego cos que o concello pode financiar a contratación de 21 traballadores e traballadoras para a vila.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos