12122018Mié
Última edición: Mié, 12 Dic 2018 9am

Nigrán ofrece un obradoiro gratuíto de cultivo de cogomelos e un roteiro micolóxico

Celebrarase o domingo 25, está dirixido a empadroados e conta cun máximo de 30 participantes

17 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Novembro é o mes da micoloxía en Nigrán. Novembro é o mes da micoloxía en Nigrán.

O Concello de Nigrán desenvolve este mes de novembro as xa tradicionais xornadas adicadas á micoloxía. Así, o domingo 25 haberá no Auditorio Municipal un obradoiro de cultivo de cogomelos gratuíto para o que é preciso apuntarse ata o venres 23 na Oficina de Información Cidadá do Concello de 9 h a 14 horas ou no 986365000.

As prazas para participar neste Obradoiro son 30 e cubriranse por rigorosa orde de inscrición tendo sempre prioridade as persoas empadroadas no municipio. O día anterior, sábado 24, haberá un roteiro ambiental sen límite de asistentes que incluirá a busca e identificación de cogomelos polo futuro parque forestal Os Matos-río Táboas (Camos e Chandebrito).

O obradoiro de cultivo será impartido por Manuel Domínguez, educador e intérprete ambiental con gran experiencia neste eido. Os asistentes recibirán semente para o cultivo, sustrato, recipientes e demais material complementario para poder levar a cabo o obradoiro.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

navidad

peajes

acordo

comarcas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos