12122018Mié
Última edición: Mié, 12 Dic 2018 9am

Carlos Gómez é proclamado candidato do PSOE á Alcaldía de Baiona

Arroupado por máis de douscentos militantes, entre os que se atopaban o secretario xeral da provincia, David Regades, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva

11 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Silva, Gómez e Regades, onte en Baiona. / Foto: PSOE Silva, Gómez e Regades, onte en Baiona. / Foto: PSOE

Máis de 200 veciños de Baiona quixeron arroupar este sábado a Carlos Gómez no acto de presentación da súa candidatura á alcaldía de Baiona. Nun salón de actos ateigado, as e os socialistas deron o seu apoio ao ata agora secretario xeral da agrupación municipal.

“Estou seguro de que imos a gobernar en Baiona tras as municipais de 2019”, comezou a súa intervención, “porque temos proxecto, un equipo dunha calidade humana que non se pode expresar con palabras e un compromiso de todo o grupo con esta vila, con Baiona, que está por riba de calquera cousa”, sinalou o candidato antes de engadir que "imos cambiar as cousas en Baiona, a estar ao servizo do pobo”, asegurou ao candidato á alcaldía, que asegurou que a actual corporación só se preocupa “de chegar a fin de mes, de meter o soldo no peto”. 

“Nós entendemos que á política non se ven a gañar cartos, senón por pura vocación de servizo público”, remarcou Gómez. “Nós imos cambiar o funcionamento do concello. Imos traballar para vós, non para nós”, asegurou o tamén secretario xeral dos socialistas baioneses. “Por iso vos pido”, dixo interpelando á veciñanza presente, “que sexades os nosos oídos, os nosos ollos e, sobre todo, a nosa voz”.

“Se saísemos a rúa a preguntar quen podía ser o noso candidato, só podía saír o teu nome, Carlos”, asegurou David Regades, máximo dirixente do partido na provincia, que tomou o primeiro a palabra durante o acto. “Este pobo está a pasar por unha situación catastrófica”, dixo Regades en referencia á crise de Goberno tras a marcha dunha edil do Goberno do PP, que os deixa en minoría.

“Tedes que ser as veciñas e veciños os que nos tendes que dar a forza para poñelo na alcaldía”, continuou o secretario xeral provincial. “Sodes vós”, dixo interpelando ao público, “as que nos dades forza para acadar o cambio, para estar máis preto cada día de ser a primeira forza na provincia de Pontevedra”.

Regades non quixo despedirse sen facer referencia ao cambio que xa se vive no Goberno de España. “Os socialistas cando gobernamos facémolo para a xente, como está a demostrar Pedro Sánchez”, quixo recordar Regades, facendo referencia a que nos primeiros 100 días “subíronse as pensións e o salario mínimo”. “Dixeron que non se podía facer, e os socialistas fixémolo”, lembrou o secretario xeral.

No acto tamén participou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen lembrou as palabras que Antonio Machado lle dedicou ao fundador do PSOE, Pablo Iglesias, do que decía que cando escoitaba a súa voz “escoitaba a voz da verdade, da bondade, do mellor do ser humano”. “Carlos é así, é un bo herdeiro do noso Pablo Iglesias”, afirmou Silva.

“Estou convencida de que a partir de maio vai ser alcalde”, asegurou entre os aplausos do repleto salón do Hotel Bahía. “É un home que coñece o pobo, que ten un proxecto, cun forte compromiso co medio ambiente e un home feminista”. “De aquí ao 26 de maio quédanos un longo camiño para conseguir que as furnas se enchan de ilusión, de soños, de ganas de cambiar esta fermosa vila que é Baiona”, finalizou a presidenta.

Carlos Gómez, que provén dunha familia de tradición socialista pois seu pai foi secretario de organización na vila, comezou a militar no PSdeG fai cinco anos. Nas municipais de 2015 foi o número dous da candidatura á alcaldía, conseguindo entrar como concelleiro.

Ademais destes cargos institucionais, Gómez foi elixido en xaneiro de 2016 secretario de organización da agrupación municipal, para un ano despois ser apoiado pola militancia para desempeñar o cargo de secretario xeral, no que actualmente segue.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

navidad

peajes

acordo

comarcas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos