18102018Jue
Última edición: Jue, 18 Oct 2018 10am

Música, homenaxes e o programa de Calleja no aniversario dos incendios en Nigrán

Os actos arrancarán o domingo coa entrega de recoñecementos ás entidades que colaboraron durante o lume e despois. Ademais, descubrirase unha escultura conmemorativa

10 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A furgoneta na que faleceron dúas veciñas de Chandebrito en outubro de 2017. / Foto: Arquivo A furgoneta na que faleceron dúas veciñas de Chandebrito en outubro de 2017. / Foto: Arquivo

O Concello de Nigrán, a Comunidade de Montes de Chandebrito e a Asociación de Veciños 'O Castro' organizan este domingo na parroquia un acto de homenaxe no primeiro aniversarios dos incendios que arrasaron a contorna e causaron dúas vítimas mortais, Angelina e Maximina.

A celebración arrancará ás 19:00 horas na contorna do 'Bosque da Memoria', unha reforestación feita hai meses detrás do Castro de Chandebrito e onde se instalará unha carpa ante a posibilidade de choiva. Os actos inclúen un recoñecemento público á veciñanza (a quen se invita a asistir) e ás entidades que colaboraron durante e despois da catástrofe.

Ademais, descubrirase unha escultura conmemorativa realizada polo colectivo artístico 'Arte no Queimado' (nacido a raíz dos lumes) e presentaranse proxectos medioambientais concretos para a zona. A continuación, haberá un magosto popular e música a cargo do recoñecido gaiteiro e compositor Xulio Lorenzo e o guitarrista Diego Bea xunto ao grupo de gaitas 'O Castro de Chandebrito'.

A xornada rematará coa proxección en directo ás 21:30 horas do programa 'Volando Voy' de Jesús Calleja que foi gravado no Val Miñor a tenor dos incendios e que prestou especial atención á parroquia.

Finalmente, se a climatoloxía o permite, o Concello de Nigrán ten previsto organizar o luns 15, no propio aniversario dos lumes, unha andaina polo futuro parque forestal Taboas-Os Matos, contorna que tamén foi devastada polo lume (cómpre recordar que en Chandebrito só sobreviviron 2 hectáreas do total de 232 de monte comunal e en Camos 20 ha do total de 370 ha).

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

vigo

  • El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años
    El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años El Olivo de Vigo está en plena forma. Una nueva tomografía encargada por el Concello ha constatado que su estado es “muy bueno” y que casi duplicó su volumen en los últimos cinco años. El árbol más representativo de la…
    Leer más...

sucesos

el tiempo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos