20112019Mié
Última edición: Mar, 19 Nov 2019 10pm

'I Concurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras'

Premios de fotografía contra as especies invasoras en Nigrán

O primeiro premio recae en María Gutiérrez Cedrón, o segundo en Fernando de la Peña Moreira e o terceiro en Álvaro Rodríguez Pérez

23 Septiembre 2018 por
Terceiro premio, foto para Álvaro Rodríguez Pérez, por unha paisaxe dunar onde se ven diferentes invasoras. Terceiro premio, foto para Álvaro Rodríguez Pérez, por unha paisaxe dunar onde se ven diferentes invasoras.

O Concello de Nigrán fallou o seu 'I Concurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras' nacido co obxectivo de concienciar ao veciño e ao visitante da flora que ameaza o ecosistema dunar de Praia América-Panxón e difundir entre a poboación o seu coñecemento co fin de preservar a biodiversidade local.

A fotografía elixida como gañadora pertence a María Gutiérrez Cedrón, nela pódense ver a unha parella de gorrións posada en sendas herbas da pampa. O xurado valorou a calidade técnica e artística da imaxe, a capacidade para comunicar visualmente a existencia desa invasora e a orixinalidade e creatividade da mesma, xa que mestura fauna autóctona con flora foránea. O segundo premio recae en Fernando De La Peña Moreira cunha posta de sol sobre o sistema dunar no que se aprecia herba da pampa, entre outras. Finalmente, o terceiro premio é para Álvaro Rodríguez Pérez tamén por unha paisaxe dunar onde se ven diferentes invasoras. Os gañadores levarán respectivamente un curso de surf semanal para dúas persoas (1º), unha travesía de Paddle Surf tamén para dúas persoas o segundo (en ámbolos casos ofrecido por Prado Surf) e un agasallo conmemorativo (3º).

As trece imaxes que cumpliron as bases para participar no concurso están colgadas no Facebook do Concello de Nigrán baixo o hashtag #invasorasnigran.

O Concello de Nigrán forma parte da Red de Gobiernos Locales por la Biodiversidad da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e, consecuentemente, encadra esta iniciativa de caracter educativo e divulgador na súa firme aposta pola conservación e protección do ecosistema dunar de Praia América-Panxón.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

  • O Nadal de Vigo viaxará en bus por España
    O Nadal de Vigo viaxará en bus por España O Nadal de Vigo viaxará en autobús por España. Vitrasa promocionará as festas en varios buses urbanos e metropolitanos de nove cidades do territorio nacional. En concreto, trátase de Madrid (2 autocares), Sevilla (2), Valencia (2), Córdoba (1), San Sebastián…
    Leer más...

virales

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos