26092018Mié
Última edición: Mié, 26 Sep 2018 9am

Preto de 100 participantes protagonizan o domingo o 'Flota como poidas' na Ramallosa

A hilarante concentración de embarcacións arrancará ás 17:30 horas. Durante todo o día estará na Alameda a feira de oportunidades ‘Portobelo’

10 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Están inscritos 15 artefactos para esta edición. Están inscritos 15 artefactos para esta edición.

O Concello de Nigrán organiza este domingo a xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada 'Flota Como Poidas', que terá lugar ás 17:30 horas ao carón da ponte da Ramallosa, no Río Miñor e esteiro de A Foz.

Preto de 100 tripulantes a bordo de 15 hilarantes embarcacións sen motor voltarán a divertir e sorprender aos milleiros de asistentes que se achegan cada ano. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo domingo de 16:00 a 16:30 horas, sendo obrigatorio o uso de chaleco salvavidas (corre a cargo de cada participante).

O evento coincidirá como cada ano coa feira de oportunidades 'Portobelo' de Ovalmi na Alameda de A Ramallosa, cunha vintena de comercios que ofrecerán as súas mellores ofertas durante todo o día. Ademais, ás 12:30 haberá unha actuación de danza moderna da 'Escola A Paradela' e e ás 20:00 horas a Banda de Música de Vincios ofrecerá o concerto 'Clásicos de onte' .

O 'Flota como poidas' consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela. O Concello premiará o artefacto flotante máis currado e o máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao "Titanic" da edición.

O obxectivo primordial é achegar aos veciños e visitantes ao mar, promovendo actividades que fomenten a afición pola cultura marítima e que os máis pequenos tomen conciencia da nosa cultura marítima ao tempo que se divirten.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

vigo

comarcas

escapada

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos