23092018Dom
Última edición: Sáb, 22 Sep 2018 10pm

Praia América prepárase para recibir 3.000 persoas coa 'Midnight Paint Party’

A festa, nacida en Ibiza, combinará música electrónica en directo con choiva de 2.000 litros de pintura ecolóxica, canóns de CO2, espectáculo pirotécnico e animación

11 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Imaxe da edición do ano pasado. / Foto: Concello de Nigrán Imaxe da edición do ano pasado. / Foto: Concello de Nigrán

Praia América ofrece este sábado unha proposta de ocio destinada ao público máis xuvenil e animado e tamén ás familias: a ‘Midnight Nigrán Paint Party' ou Festival da Pintura, un concepto novo de diversión nacido en Ibiza que combinará durante todo o día a música electrónica en directo con chuvia de pintura, espectáculo pirotécnico, efectos visuais, animación, megatrón...

O evento, con sesión infantil de balde de 12.00 a 14.00 horas e para maiores de 16 anos de 15.00 a 23.00 horas, está previsto para preto de 3.000 persoas e terá lugar en 1.500 metros cadrados da zona de aparcamento de Praia América-Lourido. As entradas están á venda dende 10 euros en Woutick.

“Trátase dun evento moi animado que na súa estrena o ano pasado en Nigrán atraeu a milleiros de persoas que gozaron nun ambiente saudable e divertido. Terán cabida as familias completas porque pola mañá, e de xeito gratuíto, haberá unha sesión para os cativos de 12:00 a 14:00 horas”, destacou o alcalde, Juan González.

A 'Midnight Nigrán Paint Party' é unha experiencia completa onde o público, ademais de empaparse de máis de 2.000 litros de pintura totalmente ecolóxica, baila con DJ’s nacionais e internacionais de primeiro nivel, goza de actuacións en directo, animación, espectáculo pirotécnico... A pintura, a gran protagonista, dispénsase desde oito canóns xunto ao macroescenario, dúas bombas con mangueira e caldeiros.

“A marca 'Midnight' é un referente mundial neste tipo de eventos realizándoos por todo o país e acadando o recoñecemento por todo o planeta con residencias como Privilege Ibiza (a discoteca máis grande do mundo) ou Pacha La Pineda, a marca actual máis importante de ocio nocturno”, engade André Vázquez dende a organización.

Os menores de idade (16 e 17 anos) que desexen acudir á sesión de 15:00 a 23:00 horas deberán presentar á entrada do festival unha autorización dos pais ou titores que poden descargar no enlace http://bit.ly/Autorizacion-Paint.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

celta

in memoriam

  • Hasta pronto, Juan Costa
    Hasta pronto, Juan Costa Los Bancos de Alimentos de la Federación Española (Fesbal), llevamos en nuestros estatutos los principios de ser aconfesionales y apolíticos. Sin embargo, los voluntarios que los componemos, al margen de ser libres para elegir personalmente cualquier opción político/religiosa, somos seres…
    Leer más...

polémica

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos