22082018Mié
Última edición: Mar, 21 Ago 2018 7pm

Nigrán saca a licitación a construción da nova biblioteca municipal

O proxecto consta dun edificio bioclimático de catro plantas e 1.260 metros cadrados totais de superficie

13 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Infografía da futura biblioteca. / Imaxe: Concello de Nigrán Infografía da futura biblioteca. / Imaxe: Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán sacou a licitación a construción da nova biblioteca municipal por importe de 1,8 millóns de euros, tendo as empresas ata o 2 de xullo para presentar as súas ofertas. As bases están a disposición dos interesados na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia e a través do Perfil do Contratante da web do Concello de Nigrán.

O proxecto será financiado nun 80% pola Deputación de Pontevedra a través dunha subvención destinada á mellora de equipamentos, servizos ou dotacións singulares para municipios de menos de 20.000 habitantes e o Concello asumirá o 20% restante.

O novo edificio estará situado nunha parcela municipal de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio -á beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, fronte a rúa do Panasco- nun lugar facilmente accesible para a veciñanza tanto en transporte público como privado.

O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que se poidan crear duplicidade de entradas, con accesos tanto dende a planta baixa como dende a primeira, o que favorece unha utilización polivalente das instalacións. Dende o punto de vista urbanístico, a construción xera unha praza cuberta que se abre á praza existente e que supón unha zona previa a entrada por planta baixa.

O proxecto do estudio Gándara#Pons contempla un edificio de catro alturas de planta irregular e cunha superficie total construída de 1.260 metros cadrados -a actual biblioteca do Cean ten 120 metros cadrados- e clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerxética. Trátase, por tanto, dun edificio bioclimático que dispón das últimas tecnoloxías en instalacións para acadar esta harmonía ambiental. 

Cun deseño minimalista na que a fachada se plantexa de granito silvestre e cunha planta que se adapta á forma trapezoidal da parcela, consta de catro andares sen soto. No baixo disponse dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; no primeiro andar haberá hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; no segundo habilitarase unha zona de préstamo para adultos e na terceira construirase unha zona de estudo que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

camino de Santiago

sucesos

deportes

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos