27052019Lun
Última edición: Lun, 27 May 2019 1am

Nigrán segue a recuperar a potabilidade das fontes tralos lumes de outubro

Seis puntos do municipio teñen aínda auga non apta para o consumo

13 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha muller colle auga na fonte de Rías, en Camos. / Foto: Concello de Nigrán Unha muller colle auga na fonte de Rías, en Camos. / Foto: Concello de Nigrán

As novas análises encargadas polo Concello de Nigrán das fontes de todo o municipio revelan que a maioría das situadas nas parroquias de Camos e Chandebrito xa son aptas para o consumo (tralos incendios de outubro o Concello detectou que máis do 50% delas eran temporalmente non potables debido aos estragos do lume).

En total, analizáronse 36 fontes nestas parroquias e só 6 aínda non son actualmente aptas -Escampado, Levada, Reboreda e Río, en Camos; Pracíns de abaixo e Regueiro, en Chandebrito). Entre as últimas recuperadas figuran Fonte da Cruz, Borreiros, Tomadas ou o Castro. Tralo incendio do 15 de outubro e, debido á forte seca, só se puideron analizar 21 mananciais.

Esta información foi trasladada xa ás entidades veciñais das parroquias e o Concello procederá inmediatamente a sinalizar cada unha delas, repetíndose periodicamente as análises para manter unha información actualizada. En calquera caso, o consistorio pide á veciñanza que preste atención á sinalización e non beba mentres se indique unha fonte como non apta para consumo.

Nigrán repartiu máis de 70.000 litros de auga nas parroquias de Chandebrito e Camos as semanas posteriores aos incendios. Ademais de afectar ás fontes, o incendio destruíu canalizacións de traídas comunais e mesmo dos seus depósitos, motivo polo que os veciños de Chandebrito e boa parte dos de Camos quedaron sen auga, xa que nesta zona non hai abastecemento municipal.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PSOE

pp

o morrazo

opinión

  • Abel Caballero
    Abel Caballero El día de hoy, 26 de mayo de 2019, es un día histórico para la ciudad de Vigo. Abel Caballero ha revalidado su mayoría como el mejor alcalde de la historia de la ciudad. Caballero ha conseguido establecer una gran…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos