14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 6pm

Catro mil sinaturas para pedir que o Val Miñor teña parque de bombeiros

Concelleiros de Gondomar Concello Aberto, Nigrán Decide e EU Son Baiona presentaron este venres no Parlamento de Galicia as firmas recollidas para rematar con esta eiva

16 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os edís, antes de presentar as sinaturas. / Foto: Nigrán Decide Os edís, antes de presentar as sinaturas. / Foto: Nigrán Decide

Concelleiros dos partidos políticos Gondomar Concello Aberto, Nigrán Decide e EU-SON Baiona, presentaron este venres no Parlamento de Galicia 4.000 sinaturas de apoio á Iniciativa non Lexislativa Popular para a creación dun parque de Bombeiros no Val Miñor de xestión pública directa e no que se integre o actual persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

Esta cantidade supera as 2.500 necesarias para a continuación da súa tramitación, e aprobación se procede, na Cámara autonómica.

A comisión promotora da iniciativa popular considera que un 10% da poboación do Val Miñor asine esta iniciativa é un éxito polo que espera que, unha vez verificadas as sinaturas, sexa asumida por tódolos grupos parlamentarios.

Os concelleiros dos partidos mencionados e representantes de colectivos sociais aproveitaron a entrega para agradecer á veciñanza do Val Miñor a acollida que tivo esta iniciativa e a súa colaboración nesta campaña.

Os edís que presentaron as sinaturas colleitadas foron Pauliño del Río (CABE), José Cuevas (Nigrán Decide) e Silvano Montes (EU-SON Baiona).bombeiros val miñro

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos