20022018Mar
Última edición: Mar, 20 Feb 2018 1pm

 

Emprego

O Concello de Nigrán contratará 21 peóns forestais, 2 albaneis e 3 conserxes

A creación destes postos de traballo circunscríbese dentro do Plan Concellos da Deputación. A selección realizarase na Oficina de Emprego de Baiona

13 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Xunta de Goberno da Diputación de Pontevedra. Xunta de Goberno da Diputación de Pontevedra.

O Concello de Nigrán creará este ano a través da liña 3 do 'Plan Concellos 2018' da Deputación de Pontevedra 26 postos de traballo temporal (21 peóns forestais, 2 albaneis e 3 conserxes) entre veciños en paro do municipio, o que suporá un importe total de 230.710,31 € dos que o organismo provincial aportará 225.333 € e o Concello 5.376,35 € (o salario mensual suporá preto de 900€).

"Consideramos prioritaria a creación directa de postos de traballo cun salario e condicións dignas para chegar así a máis familias necesitadas de Nigrán. Solicitamos o número máximo que nos correspondía porque, ademais de mellorar a súa empregabilidade, o seu labor reverterá nunha mellora da calidade dos servizos municipais", resume o alcalde, Juan González. Así, o proceso selectivo levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego (oficina de Baiona) dentro da máis absoluta transparencia. Acorde ás bases establecidas, darase prioridade ás vítimas da violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas con familia monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixas ou ás que teñen cargas familiares. O salario será de 858€/mes, contemplándose 7,5 meses para os desbrozadores e 9 meses para albaneis e conserxes.

Entre as labores que desenvolverán a xornada completa os 21 peóns forestais (perfil ao que atenderá a Oferta Pública de Emprego do Concello de Nigrán) atópase a conservación dos bens municipais, o mantemento das estradas, camiños e roteiros en perfecto estado, poda de árbores ou arbustos, a protección do medio ambiente ou a preservación das instalación escolares ou zonas verdes. A duración do contrato será de 7,5 meses e o salario de 858,55€.

Os dous oficiais de obras integraranse a xornada completa no equipo do Concello co obxectivo de traballar na execución de elementos construtivos, o que inclúe eliminar escombros, carga e descarga de materiais, montaxe e desmontaxe de estruturas temporais, preparación de morteiros, cavar buracos, gabias, acequias... Todo elo con especial atención ao mantemento das diferentes instalacións públicas.

Finalmente, contrataranse tres conserxes durante 9 meses en xornada de 30 horas/semana para o CEIP Carlos Casares, Mallón e da Cruz, en Camos. O seu traballo centrarase no reparto e recollida de correspondencia, fotocopias, escaneado, atención telefónica e presencial, colaborar cos docentes na entrada e saída dos menores, nos recreos ou nas actividades do centro.

“Son postos que non están cubertos dende a Consellería de Educación e que consideramos prioritarios para un perfecto funcionamento diario nos colexios, xa que contribúen a dar un mellor servizo aos nenos e, por ende, a toda comunidade educativa”, indica González.

A elección destes tres perfís fundaméntase na necesidade do Concello de manter axeitadamente os servizos municipais nun tipo de áreas no que o persoal habitual do Concello resulta insuficiente. O obxectivo pararelo é que os beneficiarios melloren a súa capacitación e, con elo, as posibilidades de incorporarse ao mercado de traballo ordinario tras rematar no Concello.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

medio ambiente

Diversión

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos