14122018Vie
Última edición: Vie, 14 Dic 2018 10pm

Nigrán emprende obras de emerxencia por desprendementos nunha zona afectada polos lumes

Os danos son consecuencia da chuvia caída nas últimas datas sobre terreos situados na estrada de Piñeiros, en Camos

12 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Traballos na estrada afectada. / Foto: Concello de Nigrán Traballos na estrada afectada. / Foto: Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Comunidade de Montes de Camos, están a realizar “obras de emerxencia” nun tramo de 150 metros na estrada de Piñeiros ante o recente desprendemento de lama e rochas sobre esta rúa e inundacións neste barrio ante a abundancia de choiva.

A vía, que une a parroquia de Camos coa de Chandebrito, discorre nunha das súas marxes ao carón do monte comunal calcinado nos incendios do 15 de outubro e, ante a ausencia de masa forestal nesta zona de pendente inclinada, a acumulación de choiva provoca escorrentías e precipitacións de lama e rochas sobre a calzada e o barrio de Piñeiros.  

As obras consisten no retranqueo dun metro máis na marxe da estrada afectada, nova canalización de pluviais, construción dun noiro cunha inclinación maior (terá unha distancia de 10 metros sobre a marxe máis desfavorable da calzada) e instalación dun muro de contención que impida os desprendementos sobre a calzada, ademais de habilitar novos aliviadoiros para evitar asolagamentos. Por outra banda, retiraranse árbores e rochas do monte nunha marxe de seguridade de 10 metros sobre a estrada.  

"Trátase dunha obra de carácter urxente na que a resposta da Deputación tralo requirimento do Concello foi inmediata ao entender que se trata dun risco real", sinala Diego García, edil de Urbanismo.

Risco en Chandebrito
Por outra banda, o Concello de Nigrán reiterou á Xunta a que aborde con celeridade o posible risco de desprendemento de rochas no castro de Chandebrito, alerta que foi trasladada dende o consistorio hai máis de dous meses.

A petición da propia Alcaldía, a Policía Local de Nigrán emitiu en outubro un informe no que se alude a un “posible perigo de desprendemento ante unha riada ou choiva’ cos conseguintes danos que podería causar  tanto  nas  edificacións  como nas  vivendas  que  se atopan no monte, así  como nos  vehículos  que  circulan  pola rúa  da  Igrexa e  camiño das Pereiras.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

música

ruta

conflicto

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos