11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

Nigrán inicia a mellora do parque infantil de Panxón por 21.000 euros

A inversión servirá para renovar os elementos de xogo deteriorados e instalar algúns novos

06 Diciembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Entre as novidades atópase unha pirámide de corda. / Foto: Concello de Nigrán Entre as novidades atópase unha pirámide de corda. / Foto: Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán está a mellorar o parque infantil de Panxón cun investimento total de 21.036 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, destinados á renovación dos elementos de xogo.

Así, como novidade instalouse unha pirámide de trepar de corda cunha altura de 6 metros e un diámetro de dez metros, unha tirolina de 25 metros de lonxitude e, ademais, renováronse catro randeeiras, dous deles con asentos para o uso simultáneo por adulto e bebé.

Esta obra forma parte do plan de renovación integral de tres parques infantís do municipio (A Ramallosa, Camos e Panxón) por un montante total de 56.051 euros.

“O de Panxón é un parque con moita afluencia e con elementos xa moi deteriorados e obsoletos, polo que consideramos prioritaria esta actuación”, sinala o alcalde, Juan González, quen avanza que nos vindeiros meses comezarán as obras para habilitar novos parques no Torreiro de Priegue, na praza José Vázquez Grela en Nigrán, praza do Torreiro de Parada ou no Poutón, en Vilariño.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos