18112019Lun
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 5pm

A Xunta remata o paseo peonil e ciclista entre Praia América e A Ramallosa

A actuación supuxo un investimento autonómico de 300.000 euros e a súa execución está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia na comarca de Vigo

22 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Este novo tramo de senda dálle continuidade á xa executada no ano 2013 e implicou unha reordenación do tráfico. / Foto: Xunta de Galicia Este novo tramo de senda dálle continuidade á xa executada no ano 2013 e implicou unha reordenación do tráfico. / Foto: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de execución da senda peonil e ciclista en Nigrán, entre a travesía de Praia América e o paseo ata Baiona (PO-325). A actuación, que supuxo un investimento autonómico de preto de 300.000 euros cofinanciada con Fondos Feder do programa operativo 14/20, comezou a finais do verán.

Con tal motivo, o delegado territorial, Ignacio López-Chaves, desprazouse este mércores ata a zona para comprobar de primeira man o estado final das obras. Na visita estivo acompañado polo alcalde nigranés, Juan González, e o xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez.

Este novo tramo de senda dálle continuidade á xa executada no ano 2013 e implicou unha reordenación do tráfico, mellorando ademais o firme da estrada autonómica nesta zona. Concretamente, a senda de algo máis de 300 metros iníciase na intersección coa avenida Praia América e coa rúa Francisca Lago (punto quilométrico 14+700 da PO-325) e finaliza na intersección coa rúa Foz, lugar no que comeza o paseo ata Baiona.

A senda, de uso mixto, para peóns e ciclistas, ten un ancho de 2,5 metros e está separada da estrada por unha banda vexetal e a beiravía. Tamén mellorouse o firme, renovouse a beirarrúa da marxe esquerda e instalouse unha rede de drenaxe para a canalización das augas pluviais.

Ademais, aproveitáronse estes traballos para realizar outras actuacións complementarias na rede de drenaxe para as augas pluviais; substituír o alumeado, no lado esquerdo; e realizar a canalización para a instalación de futuros servizos.

Plan de Sendas
Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas na comarca de Vigo, no que a Xunta está a facer un investimento de 4,3 millóns de euros para a construción de case 13 quilómetros de itinerarios seguros e sustentables. Búscase que os veciños de Vigo e do seu contorno poidan desfrutar de vías integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais.??

As sendas supoñen beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; para as vilas, significando menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio natural, garantindo menos contaminación acústica e mellora da calidade do aire, ao reducir a emisión de gas.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

mar

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos