23082019Vie
Última edición: Vie, 23 Ago 2019 6pm

Lumes forestais

A Xunta explica aos concellos da área de Vigo o paquete de axudas tralos incendios

O Goberno galego iniciou unha rolda de contactos polo Val Miñor para logo visitar Salvaterra, Fornelos de Montes, Soutomaior e Redondela

25 Octubre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves (c.), xunto con resposables do Concello de Baiona. / Foto: Xunta O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves (c.), xunto con resposables do Concello de Baiona. / Foto: Xunta

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, iniciou unha rolda de visitas aos concellos da bisbarra para explicar ás vilas afectadas pola vaga de lumes o paquete de axudas e medidas postas en marcha polo Goberno galego para paliar e reparar os danos dos incendios forestais. Eses contactos comezaron cos municipios do Val Miñor -Baiona, Gondomar e Nigrán- e continúan este mércores en Salvaterra, Fornelos de Montes, Soutomaior e Redondela.

A Xunta anunciou xa que habilitará nos vindeiros días axudas para a recuperación das vivendas afectadas e para pagar o alugueiro da reubicación temporal noutro inmoble.

Cando as axudas teñan por finalidade a recuperación da vivenda habitual, poderán cubrir ata o 100% do custo das obras de reparación, chegando a preto de 100.000 euros. O límite máximo do importe da axuda será o 75% do valor establecido para as vivendas protexidas no municipio correspondente.

Estas axudas poderán solicitarse tamén para a reparación de vivendas ocasionais (40.000 euros, aproximadamente), construcións anexas á vivenda principal e enxoval doméstico (3.000 euros en ambos os dous casos), que serán complementarias das posibles compensacións que paguen as aseguradoras. Ademais, cubrirán as obras mesmo aínda que se teñan iniciado antes da apertura do prazo para solicitar a as axudas.

Por outra banda, os técnicos de diferentes departamentos da Xunta empezarán esta semana a traballar para avaliar a situación dos incendios forestais e planificar as medidas necesarias de actuación sobre os terreos, co fin de evitar o arrastre de cinzas e favorecer a recuperación da vexetación, así como o control da calidade da auga.

Daráselle prioridade aos lumes que afectaron máis de 300 hectáreas, sen descoidar outros de menor extensión pero que afectaron zonas sensibles.  En paralelo, a Xunta está a traballar nun Plan de reforestación das zonas afectadas.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos