09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 7pm

O porto de Panxón convértese nun ‘Mar de Sabores’

A segunda edición do evento, que se celebra esta fin de semana, ofrecerá gastronomía, exposicións, concertos, obradoiros para nenos e afondará en elementos da tradición mariñeira

01 Septiembre 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
A recreación dunha poxa en directo será unha das actividades do evento. / Foto: Concello de Nigrán A recreación dunha poxa en directo será unha das actividades do evento. / Foto: Concello de Nigrán

O porto de Panxón será escenario esta fin de semana da segunda edición da festa ‘Nigrán, Mar de Sabores’, un evento que fusiona tradición mariñeira con gastronomía e ocio organizado entre Concello e Confradía de Pescadores ‘A Anunciada’ coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP). Nesta ocasión, as xornadas prestan especial atención á protección do medio ambiente mariño con diversas actividades organizadas baixo esta premisa.

O obxectivo deste evento, que se desenvolverá durante todo o sábado e domingo dende ás 11:00 horas, é por en valor os produtos pesqueiros locais máis representativos e o patrimonio cultural asociado ao mesmo. Así, os asistentes poderán degustar diferentes pratos con produtos que comercializa o pósito -arroz mariñeiro, postres caseiros, navallas, percebes, polbo, mexillóns e, como novidade, un asado de ourizos- e ao mesmo tempo se ofrece unha programación ininterrompida de ocio para todo tipo de público que inclúe exhibicións, obradoiros, xogos, actuacións musicais, unha exposición fotográfica na lonxa...

“Queremos promocionar a nosa cultura mariñeira dun xeito lúdico. A primeira edición reuniu a milleiros de persoas a Panxón, repercutindo directamente nos negocios locais, que se beneficiarán deste evento que axuda tamén a desestacionalizar o turismo, moi concentrado en xullo e agosto”, sinala o alcalde, Juan González.

Entre as actividades programadas destacan as exposicións fotográficas: unha na lonxa de Panxón sobre a pesca artesanal na costa de Baiona ou Nigrán, outra no Concello dedicada a mamíferos mariños e patrimonio natural e, finalmente, no paseo marítimo de Panxón 'Panxón e o seu Mar', con imaxes tomadas este ano que reflexean o día a día dos mariñeiros da zona.

Ademais, os asistentes ás xornadas festivas no porto terán a ocasión de ver acuarios con especies mariñas locais ou gozar de zona de xogos para nenos. Todo elo acompañado de actuacións de grupos folk -o sábado ás 13:00 horas actuará Virandeira e ás 21:00 horas tocará Vai Trío, mentres que o domingo ás 13:15 horas será a quenda de Os Terribles de Donas-, unha representación dunha poxa de peixe ou incluso a simulación do rescate dun golfiño como peche da programación a cargo de Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA).Mar Sabores programacion

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos