09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 7pm

Nigrán adianta a retirada das bandeiras azuis en Patos e Panxón ante a falta de socorristas

A enseña manterase en Praia América ata este xoves. O alcalde da vila insiste en que é un problema de xestión dos socorristas e que os areais son seguros

30 Agosto 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Membros do goberno local posan cunha bandeira azul antes do izado previo a cada verán. / Foto: Arquivo Membros do goberno local posan cunha bandeira azul antes do izado previo a cada verán. / Foto: Arquivo

O Concello de Nigrán procedeu á baixada das bandeiras azuis en Panxón e Patos ao non cumprir co número de socorristas que esixe a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) de dous por praia. A retirada da enseña nestas dúas praias prodúcese uns días antes de que conclúa a tempada oficial no Val Miñor (do 1 de xullo ao 31 de agosto).

O municipio segue gozando ata o 31 da bandeira azul en Praia América, onde hai dous postos de salvamento e, polo tanto, dous socorristas, cumprindo o establecido por  ADEAC. "Non é un problema das praias de Nigrán, senón das praias do Val Miñor. A realidade é que a contratación de 17 socorristas a través da Mancomunidade do Val Miñor é insuficiente para manter as bandeiras azuis en Nigrán e Baiona xa que, a punto de finalizar os contratos, moitos collen os días libres que lle corresponden e así é imposible  manter o servizo ao 100%", explica o alcalde, Juan González.

O rexedor incide en que "as praias son seguras" porque tamén se conta con persoal de Protección Civil nos postos. "Debe quedar moi claro que a retirada en Patos e Panxón responde únicamente a un problema de xestión dos socorristas, a nada máis. Todas as praias están limpas e a calidade das augas é excelente segundo os análises destas semanas, o último de hoxe mesmo en Panxón", incide o alcalde, Juan González.

En calquera caso, ante o requirimento de ADEAC ante a constatación deste feito, o Concello de Nigrán acata a decisión de retirar as dúas enseñas e as remite a este organismo, tal e como se lle pediu. "Queremos seguir optando a elas e cumprimos ao 100% coas súas indicacións", engade. 

O Concello de Nigrán fai unha  valoración negativa do procedemento de concesión de subvencións por parte da Xunta, que retrasa cada ano a súa aprobación a un límite inconcibible, e tamén da posterior contratación da Mancomunidade.

Así, nesta ocasión foi imposible reunir os 27 socorristas solicitados para Baiona e Nigrán porque a selección da Mancomunidade a súa vez retrasouse ao máximo, aprobando só 17 aspirantes dos 21 presentados. "Está claro que o vindeiro ano teremos que buscar solucións ao marxe da Mancomunidade e da subvención da Xunta para garantir as bandeiras azuis, recorreremos a fondos propios para que isto non se repita", finaliza o alcalde.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos