21082017Lun
Última edición: Jue, 17 Ago 2017 6am

A Xunta denuncia que o Concello de Nigrán non informou á poboación da contaminación en Praia América

Asegura que informaron ao alcalde para que advertise áos bañistas pero que non tomou as medidas necesarias

11 Agosto 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Praia América. Praia América.

A Xunta denunciou este vernes que o Concello de Nigrán non informou a poboación dos episodios de contaminación rexistrados estes días en Praia América. "Nun escrito enviado o pasado día 9 advertíuselle ao alcalde da obrigatoriedade de informar a poboación do estado das augas, mediante carteis informativos na zona de baño", asegura a Xunta.

Na análise microbiolóxica da mostra de auga recollida o día 7 de agosto na auga do areal de Praia América confirmouse a presencia de Escherichia Coli nunha proporción de >1000 NMP/100ml, superando o valor aceptable establecido de contaminación, segundo informou a Xunta de Galicia.

Segundo a lexislación vixente, unha vez detectado o episodio de contaminación o concello está obrigado a comunicar á poboación a situación con carteis informativos nos que ben prohiba o baño ou recomende absterse deste de forma temporal por contaminación microbiolóxica. Este panel informativo deberá completar ao cartel coa cualificación sanitaria. Ademais, manteranse as condicións adecuadas das áreas peripraieiras e se exporá aos usuarios calquera outra información relevante establecida regulamentariamente.

"Así se lle esixiu por fax o pasado día 9 de agosto ao alcalde. Catro días despois do primeiro análise negativo e sen que durante este tempo se informara da presenza de Escherichia Coli aos usuarios do areal, hoxe o Concello de Nigrán comunicaba formalmente a finalización do episodio de contaminación", engade o comunicado da Xunta.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

entroido de verán

bágoas de san lourenzo

tráfico de drogas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos