22092017Vie
Última edición: Vie, 22 Sep 2017 5pm

Finalizan as obras da nova Biblioteca de Baiona para a súa apertura en outono

A remodelación do edificio Sancti Spiritus, do século XVII, dará custodia e conservación ao patrimonio documental da Vila

14 Julio 2017 por
Rodal, Bahamonde e Simons, este venres, na Biblioteca Pública Municipal. / Foto: Concello de Baiona Rodal, Bahamonde e Simons, este venres, na Biblioteca Pública Municipal. / Foto: Concello de Baiona

O Concello de Baiona poderá abrir este mesmo ano a súa nova Biblioteca Pública Municipal, co maior Arquivo Histórico da comarca e un dos máis importantes de Galicia, grazas a finalización dos traballos de rehabilitación do edificio Sancti Spiritus.

A empresa UTE Orega Coviastec finalizou as obras de rehabilitación, deseñadas polo estudo de arquitectura Murado y Elvira, gañador do concurso de ideas convocado polo Concello de Baiona para a reforma do edificio Hospital Sancti Spiritus, da Magdalena e da Caridade. O edificio, que combina vanguardismo e funcionalidade, foi refhabilitado totalmente cun deseño innovador.

O alcalde, Ángel Rodal; a concelleira de Infraestruturas, Ana Simons; e o concelleiro de Vías e Obras, José Ángel Bahamonde, visitaron este venres as instalacións e comezaron a planificar o traslado dende as dependencias provisionais da rúa Carabela Pinta. “Estamos ante unha obra espectacular, tanto polo seu deseño como polas súas dimensións e comodidade, poucos concellos de Galicia poden presumir de ter unha dotación cultural de tanta calidade e funcionalidade”, asegurou Ángel Rodal.
Nas vindeiras semanas se levará a cabo a adquisición do mobiliario e está previsto que durante o verán se efectúe o traslado para que a Biblioteca Municipal poida abrir as súas portas en outono.

A rehabilitación do Hospital Sancti Spiritus levouse a cabo cun investimento superior aos 1,1 millóns aportados polo Ministerio de Fomento, grazas ao plan denominado 1,5% Cultural.

Arquivo Histórico
Nas novas dependencias tamén se instalará o Arquivo Histórico de Baiona que permitirá conservar toda a documentación existente dende hai séculos, un patrimonio reforzado co Fondo Local, unha colección de 220 rexistros que ven a completar esta sección como punto de referencia en estudos locais. Engádeselle outros fondos especiais cos que conta a Biblioteca, como o Fondo Arribada, creado no 2012 para catalizar os estudos vinculados con Baiona e o Descubrimento. As novas instalacións darán un mellor condicionamento para custodiar a sección do patrimonio bibliográfico que tamén foi creado no 2012 con dúas coleccións, Biblioteca Ángel Bedriñana e a colección das publicacións históricas coas que conta o fondo total da biblioteca.

Biblioteca Municipal
Mentres durou a rehabilitación, a Biblioteca continuou a súa actividade cun servizo provisional organizado polo propio persoal responsable da biblioteca. Durante este tempo a biblioteca mantivo unha notable actividade. En total, durante o ano pasado a Biblioteca Municipal fixo 8.329 préstamos, tivo 115 novos usuarios, 30.419 visitas, 9.165 conexións a wifi e 934 incorporacións ao catálogo.

Hospital Sancti Spiritus
A historia do Hospital de Sancti Spiritus remóntase ao século XV e primeira referencia indica que non estaba no mesmo lugar no que se atopa na actualidade, xa que viuse afectado polo derribo no século XVII dos inmobles inmediatos á muralla. “O Hospital estivo en este lugar ata 1645 que foi mandado derribar para asegurar a defensa da fortaleza. Tras este primeiro derribo prodúcese un primeiro traslado ao lugar de Cortinas, ao fondo do Convento das Dominicas, solución que non resultou efectiva, xa que en 1653, o edificio ameazaba ruína”, apunta a directora da Biblioteca Municipal, Cristina Vilar.

El Hospital se encontra nunha situación de desamparo dos pobres e enfermos que eran atendidos nesta institución. Ante esta situación adquírese a Doña Grimaresa Pereira de Castro unha casa con finca noutro lugar, que sería o seu actual emprazamento na rúa Costanilla, hoxe Manuel Valverde.

O maiordomo do hospital solicita o 7 de agosto de 1671, autorización ao bispo Bernardo de León de la Rocha para que dicha casa sexa destinada a Hospital. “Este edificio será realizado polo Maestro Domingo Fernández, que faría a parede do frontispicio e a entrada principal. Debeu de ser en este momento cando o traslado do Hospital nas inmediacións da Colexiata, o antigo hospital uniuse ao da Magdalena, e solo un ano despois era cedido polos pais de San Juan de Dios, que cedera o seu goberno ao Concello da Vila para que o administrase”, explica Cristina Vilar en base ás referencias de estudosos como Ávila y La Cueva, Ulpiano Nogueira, Ramos, Garrido o la profesora Fernández Rodríguez.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

movilidad

incendio

sanidade

  • Retoños
    Retoños Es una estampa habitual en la ría de Vigo. Las singulares condiciones meteorológicas, con una bonanza que se repite en gran parte del calendario, propician todo tipo de deportes náuticos, sobre todo la práctica de la vela.
    Leer más...

viajes

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos