28062017Mié
Última edición: Mar, 27 Jun 2017 10pm

Visitas guiadas gratuítas aos castros da Cabeciña, Arrabal e Auga dos Cebros

Costa dos Castros comeza en xullo a súa campaña coa novidade das visitas nocturnas ao petróglifo de Auga dos Cebros

20 Junio 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Petróglifo de Auga dos Cebros. / Foto: Costa dos Castros Petróglifo de Auga dos Cebros. / Foto: Costa dos Castros

A Asociación Costa dos Castros programa do 14 de xullo ao 15 de setembro unha serie de visitas guiadas gratuítas co obxectivo de dar a coñecer os principais atractivos do patrimonio cultural de Oia e, ao mesmo tempo, dinamizar o turismo na zona.

As visitas desenvolveranse de xoves a domingo ás 12.00 horas e permitirán coñecer diversos enclaves arqueolóxicos e de valor histórico do municipio de Oia.

Os xoves e os venres haberá itinerarios guiados no castro e petróglifos da Cabeciña, mentres que os sábados e domingos a ruta será polo barrio do Arrabal, nas proximidades do Mosteiro de Oia.

Como complemento a estas actividades diúrnas, nas noites dos venres haberá visitas guiadas aos petróglifos da Cabeciña, mentres que os sábados pola noite a proposta consistirá en descubrir os gravados de Auga dos Cebros á luz das lanternas. Estas actividades nocturnas serán ás 22.30 horas.

As visitas, organizadas por Costa dos Castros coa colaboración do Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra, teñen carácter gratuíto. No caso das nocturnas as prazas son limitadas, polo que cómpre facer a reserva no número de teléfono 689.35.57.13 ou no correo electrónico costadoscastros@gmail.com.

Petróglifo de Auga dos Cebros

A campaña de verán da Asociación Costa dos Castros ten como principal novidade deste ano as visitas nocturnas a Auga dos Cebros, un gravado no que aparece unha embarcación mediterránea do segundo milenio antes de Cristo. Ademais de descubrir esta singular representación de arte rupestre de hai 4.000 anos, única en todo o arco atlántico, os visitantes poderán coñecer os resultados das últimas actuacións feitas na contorna.

No marco das iniciativas que desenvolve a Asociación Costa dos Castros, este ano se realizaron traballos de roza e tala con control arqueolóxico na zona do Viveiro (Pedornes), onde se atopa Auga dos Cebros pero tamén outros petróglifos. Os labores permitiron mellorar a accesibilidade da zona, deixar á vista gravados xa catalogados anteriormente pero que quedaran ocultos pola vexetación, estudar o estado de conservación de todos estes elementos patrimoniais e descubrir outros 9 gravados descoñecidos ata o de agora.

Nas visitas guiadas nocturnas as prazas son limitadas e hai que inscribirse previamente por teléfono ou correo electrónico. No caso de Auga dos Cebros, débese ter en conta que para chegar ao gravado cómpre percorrer a pé un pequeno traxecto de dificultade media.

Máis información na web de Costa dos Castros.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner limpieza b FCC 2017

crimen de arealonga

  • El Rápido ya es de 2ªB
    El Rápido ya es de 2ªB El Rápido de Bouzas logró este domingo el ascenso a la Segunda División B del fútbol español tras remontar el resultado de la ida en el Baltasar Pujales (1-1) y darle la vuelta a la eliminatoria en Peralada (2-2).
    Leer más...

vigo en festas

celta

  • Maxi Gómez: “Admiro a Iago Aspas”
    Maxi Gómez: “Admiro a Iago Aspas” Maxi Gómez arde en deseos por empezar la pretemporada. Quiere vestirse de corto cuanto antes para comenzar a defender la camiseta celeste y también para conocer a sus nuevos compañeros, de los cuales no sabe mucho todavía. Tras firmar su…
    Leer más...

deportes

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos