22102019Mar
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 8pm

A canle internacional "Arte" escolle Baiona para un documental sobre percebeiros

Xornalistas da coprodución franco-alemá estarán na Vila do 5 ao 14 de maio gravando aos percebeiros

25 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Sven (cámara), Manfred (director de documentais) e Marvin (técnico de son), equipo da canle internacional Arte. / Foto: Concello de Baiona Sven (cámara), Manfred (director de documentais) e Marvin (técnico de son), equipo da canle internacional Arte. / Foto: Concello de Baiona

A canle internacional de televisión “Arte” elixiu a Baiona para gravar o vindeiro mes de maio un documental sobre a pesca en Galicia e poñer en valor o “sacrificado” traballo dos percebeiros. Tres xornalistas da produción franco-alemá estarán na Vila dende o 5 ao 14 de maio para producir unha nova entrega da sección de reportaxes denominada “Arte Re” na que introducen diferentes rexións de Europa e amosan o modo de vida dos habitantes.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, estivo en contacto nas últimas horas con Manfred Uhlig, director de documentais da canle, para coordinar a súa chegada e solicitar colaboración na produción da reportaxe. Dende o Concello de Baiona o rexedor ofreceu toda a axuda que poidan necesitar para desenrolar o seu traballo durante eses días.

O programa “Arte Re”, unha colaboración entre Francia e Alemaña, ten en antena unha sección dedicada a amosar as experiencias das diferentes rexións de Europa. “O obxectivo das nosas reportaxes é a vida dos homes e mulleres que co seu traballo forman a identidade de cada lugar”, explica Manfred Uhlig. “Queremos que os nosos espectadores teñan unha mellor idea do sacrificio e do valor do traballo. Hai poucas profesións que requiren tanta coraxe e dedicación como a do pescador e do percebeiro. Iso é o que queremos amosar no noso documental”, engade o director.

Manfred Uhlig chegará acompañado por un operador de cámara e un técnico de son. “Desculpámonos por adiantado por non falar ben o castelán, nin sequera o galego, pero estamos ansiosos de coñecer Baiona e aos baioneses, polo que agradecemos moito a axuda que recibimos por parte do Concello e os seus habitantes e, por favor, se nos miran pola rúa ou por calquera outro lugar non dubiden en preguntarnos sobre o noso traballo”, sinala o director.

A produción do documental inclúe a gravación do día a día dos percebeiros, o seu traballo nas zonas máis perigosas de Cabo Silleiro e tamén a toma de imaxes aéreas de Baiona. Ademais, teñen previsto falar con todos os sectores produtivos implicados na pesca, dende os propios mariñeiros ata a Confraría de Pescadores, Concellería de Asuntos Marítimos, Consellería de Pesca ou Gardacostas.

“Quixeramos seguir a vida das persoas que viven do percebe, cales son os seus desafíos, cales son as súas limitacións dun recurso escaso e como viven as familias dos percebeiros... E todo iso nunha natureza tan abundante e marabillosa como a de vostedes”, afirma Uhlig.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos