22012020Mié
Última edición: Mar, 21 Ene 2020 9pm

Baiona participa no 525 aniversario das Capitulacións dos Reis Católicos

O alcalde e o conselleiro de Sanidade representan á Vila na celebración do punto de partida do Descubrimento

23 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)

O Concello de Baiona participa durante esta fin de semana nos actos de conmemoración do 525 aniversario das Capitulacións dos Reis Católicos. A celebración que se celebra en Santa Fe de Granada, pobo irmandado coa Real Vila, comezaron este venres e durarán toda a fin de semana.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, encabeza a delegación municipal que este xoves trasladouse a terras andaluzas para conmemorar a firma do documento en 1492 que os Reis Católicos entregaron a Cristóbal Colón para autorizar a súa viaxe ao Novo Mundo. Xunto ao rexedor baionés viaxou tamén o conselleiro de Sanidade e excalde da Vila, Jesús Vázquez Almuiña.

A delegación baionesa participou a tarde do venres na homenaxe ao almirante Cristóbal Colón e no irmandamento entre o Instituto de América santaferino e a Casa de Colón de Gran Canaria. Ángel Rodal apuntou durante o seu discurso que con este acto “todos nos sentimos moi orgullosos dos nosos lazos que, sen dúbida, se manterán ata a eternidade”.

Baiona e Santa Fe de Granada, xunto con Palos de la Frontera, están irmandados pola súa relación co feito colombino e hai escasas semanas solicitaron á Casa Real a presenza dos Reis Católicos nos actos da Festa da Arribada de 2018, cando se celebrará o 525 aniversario da chegada da Carabela Pinta a Baiona.

Este sábado continuarán os actos institucionais (12:00 horas) en Santa Fe, nos que participarán, entre outros, o vicepresidente e conselleiro de Presidencia y Administración Local de la Junta de Andalucía, Manuel Jiménez Barrios. A programación do 525 aniversario da firma das Capitulacións comenzou o venres coa inauguración do XVII Mercado Medieval.

fitur 2020

peinador

sucesos

fútbol

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos