24042017Lun
Última edición: Dom, 23 Abr 2017 10pm

urbanismo

Nigrán espera ter a aprobación definitiva do PXOM a finais de 2018

Goberno local, Xunta e a empresa redactora mantiveron esta semana un encontro para coordinar os últimos pasos despois de que o estudo de prospección arqueolóxica requerido dende Patrimonio esté finalizado

21 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O alcalde de Nigrán, Juan González; o edil de Urbanismo, Diego García; a directora Xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas; e o arquitecto e responsable de Eptisa, Alfonso Botana, este mércores reunidos en Santiago. / Foto: Concello de Nigrán O alcalde de Nigrán, Juan González; o edil de Urbanismo, Diego García; a directora Xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas; e o arquitecto e responsable de Eptisa, Alfonso Botana, este mércores reunidos en Santiago. / Foto: Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán deu esta semana un paso máis de cara a aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal tras ter concluído o estudo de prospección arqueolóxica que permitirá responder nas próximas semanas ao único requerimento sectorial pendente de Patrimonio.

Con esta importante novidade, o alcalde e o edil de urbanismo mantiveron este mércores un encontro en Santiago coa Directora Xeral de Ordenación do Territorio e a empresa redactora do PXOM (Eptisa), no que acordaron coordinar e acelerar toda a tramitación do informe de avaliación ambiental, seguinte paso tras obter o visto bo de Patrimonio e derradeiro antes da aprobación provisional do documento en Pleno.

Ante este avance, o Concello urxiu a Eptisa a que fixe xa un cronograma de prazos concretos ata obter o documento definitivo, calendario que a empresa redactora se comprometu a facer e a presentar tamén ante a Xunta para unha mellor coordinación das diferentes administracións. O obxectivo é que, tras corrixir os informes sectoriais desfavorables, comecen no outono coa avaliación ambiental, informe que unha vez entregado á Xunta terá un prazo de tres meses para contestar. "Neste sentido, na reunión de onte coa directora xeral, esta trasladounos o seu total compromiso para acelerar ao máximo este trámite final co obxectivo de que esté resolto antes de finalizar o ano", incide o alcalde, Juan González.

Seguidamente, durante este periodo que o organismo autonómico tramita o informe, o Concello aproveitará para expor o PXOM en cada unha das parroquias co fin de que os veciños o coñezan de primeira man antes de levalo ao Pleno para a súa aprobación provisional, obxectivo que se espera acadar entre finais do 2017 e principios de 2018 sendo inmediatamente despois a definitiva.

O Concello de Nigrán, ante este importante avance na tramitación do documento, convoca novamente o Consello Sectorial para o día 10 de maio, órgano que este goberno rescatou xa no 2015 tras máis de tres anos sen ser convocado e que está formado por preto de trinta entidades veciñais, culturais, deportivas ou comunidades de montes. "A aprobación do PXOM é unha prioridade de goberno, levamos todo este mandato traballando arreo para que sexa unha realidade porque é un asunto clave para o futuro do municipio. Ante todo buscamos transparencia, consenso absoluto e participación, por iso queremos informar de primeira man aos veciños do estado actual do PXOM”, insiste González.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

sucesos

sucesos

incendio

  • El "maldito" minibús eléctrico de Vigo
    El "maldito" minibús eléctrico de Vigo Gafado sería la palabra más adecuada para definir al minibús eléctrico de Vigo que este viernes provocó un incendio con cinco intoxicados en el parque móvil municipal de Lavadores. Empezó con mal pie, no pudo con las cuestas del Casco…
    Leer más...

incendio

exposiciones

  • La saga de la Galaxias desembarca en Vigo
    La saga de la Galaxias desembarca en Vigo Figuras y bustos a escala real, réplicas de naves, vehículos y transportes, figuras de edición limitada pintadas a mano, así como todo tipo de enseres coleccionables. La Estación Marítima de Vigo acoge desde este jueves hasta el 23 de abril…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos