19112017Dom
Última edición: Sáb, 18 Nov 2017 9pm

O Concello de Nigrán asfalta o entorno do Centro de Saúde de Panxón

As obras correron a cargo da empresa Covsa por 8.600 euros e remataron no mesmo día

20 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Traballos de asfaltado. / Foto: Concello de Nigrán Traballos de asfaltado. / Foto: Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán asfaltou durante este mércores o entorno da rúa Arquitecto Palacios do Centro de Saúde de Panxón, cuxo firme se atopaba en moi mal estado.

As obras correron a cargo da empresa Covsa por 8.600 euros e remataron no mesmo día. O goberno local consideraba prioritario o asfaltado desta zona ao atoparse nun entorno moi urbano e de gran afluencia debido á localización do centro de saúde. A este asfaltado seguirán nas vindeiras semanas outros en diferentes barrios de Nigrán.

"Consecuentemente coa nosa defensa da sanidade pública e aposta polo novo centro de saúde de Panxón acometemos este asfaltado, do mesmo xeito que no seu momento reclamamos á Xunta o acondicionamento do espazo exterior, empregado como aparcamento", sinala o alcalde, Juan González.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

incendios forestales

visita "real"

recogida alimentos 2017

carta: incendios forestales

incendios forestales

  • Objetivo, más y mejor empleo
    Objetivo, más y mejor empleo Uno de los principales retos que afronta Galicia en esta segunda parte de década pasa por consolidar la recuperación del mercado laboral. Y para conseguir este objetivo, el Fondo Social Europeo se configura como una herramienta clave para mejorar la…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos