18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

Sesenta maiores do Val Miñor celebran o San Valentín

A Mancomunidade convidou a un xantar na Residencia de Tempo Libre de Panxón

15 Febrero 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Ángel Rodal, visitaron a Residencia de Tempo Libre de Panxón. / Foto: Xunta O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Ángel Rodal, visitaron a Residencia de Tempo Libre de Panxón. / Foto: Xunta

A Mancomunidade do Val Miñor convidou este martes a un xantar de San Valentín a 60 maiores de Baiona, Nigrán e Gondomar, na Residencia de Tempo Libre de Panxón, onde foron atendidos polos alumnos do V Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor”, iniciativa posta en marcha cunha achega de 179.134,20 euros (97.150,20 euros para os gastos salariais dos alumnos) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Á presentación asistiron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o alcalde de Baiona e presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Ángel Rodal; o rexedor de Gondomar, Francisco Ferreira, e concelleiros de Nigrán, que visitaron aos 20 alumnos e alumnas da comarca que, dende o pasado mes de decembro, están a recibir formación e emprego a través do obradoiro Terras do Miñor V.

Esta iniciativa mixta de formación e emprego conta con dúas especialidades: operacións básicas de cociña e servizos de restaurante e bar para que as 20 persoas desempregadas aprendan e traballen de forma práctica nunha ocupación encamiñada ao sector da hostalería. Os obxectos de actuación deste programa son a elaboración de comidas e servizo de restaurante para o comedor social da Mancomunidade; actos socioculturais e/o deportivos; exaltación de produtos típicos da zona e limpeza de instalacións de titularidade municipal ou preparación de bebidas, mesas para actos dos concellos. O persoal a cargo do curso está formado por un director, un titor, dous docentes e persoal administrativo de apoio.

Este martes, dentro das actividades programadas, os alumnos e alumnas ofrecían un xantar por San Valentín a un total de 60 veciños e veciñas dos tres concellos da comarca que quixeron celebrar esta data. Na visita, que comezou cun cóctel de benvida para pasar despois a un completo almorzo adaptado a esta data especial, tamén estivo presente o rexedor de Gondomar, Francisco Ferreira, e responsables do goberno local de Nigrán.

Coma sinalou o delegado, a Xunta destina preto de 180.000 euros a este programa para a Mancomunidade do Val Miñor, sendo xa a quinta edición na que se outorga esta iniciativa mixta. Esta formación impulsa tamén o emprendemento xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. Ademais de recibir esta formación tamén percibirán o salario mínimo interprofesional e un certificado de profesionalidade ao remate do mesmo.

O presidente da Mancomunidade destacou a iniciativa posta en marcha grazas a unha achega da Xunta para promover a formación das persoas desempregadas da comarca e destacou os esforzos dos tres municipios para conseguir “xente preparada e especializada grazas aos obradoiros, de maneira que poidamos fomentar o emprego no Val Miñor e que mediante a formación poidan entrar no mercado de traballo”.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos