09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 6pm

infraestruturas

Nigrán denuncia o estado de abandono dos exteriores do Centro de Saúde de Panxón

O terreo de natureza dunar sobre o que se asenta, que figuraba no proxecto como zona de esparcemento e de recreo, funciona como aparcadoiro improvisado

12 Febrero 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Aparcamento xunto ao centro de saúde. / Foto: Concello de Nigrán Aparcamento xunto ao centro de saúde. / Foto: Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán denunciou este domingo o estado de completo abandono no que a Xunta mantén o exterior do Centro de Saúde de Panxón, un edificio que foi inaugurado en xuño do ano pasado.

"O terreo de natureza dunar de 4.395 metros cadrados sobre o que se asenta esta moderna construción de 1.375 metros cadrados ofrece una imaxe de deixadez e descontrol absolutos, funcionando na práctica como aparcamento improvisado de vehículos e non como zona de recreo e esparcemento, que é o que se contemplaba e que realmente nunca chegou a ser", afirma o Concello de Nigrán nun comunicado.

"A imaxe é lamentable: o sistema de rego está roto debido aos vehículos, ás árbores están secas, o terreo totalmente descoidado... O contraste entre o edificio moderno e o exterior é brutal", sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que prácticamente tódalas semanas recibe queixas de veciños. Neste sentido, urxe á Xunta a que tome cartas no asunto e recupere este espazo, "O ano pasado lle demos autorización para facer un peche perimetral e todo segue igual, no verán foi un caos de coches e a situación non mellorou", insiste.

O centro de saúde está construído nunha parcela que o Concello cedeu á Xunta no ano 2006, sendo o proxecto unha realidade en 2016 tras unha década de retraso.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

urbanismo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos