11122019Mié
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 10am

Nigrán "amplía" a temporada estival con gastronomía e ocio en Panxón

O evento "Nigrán, Mar de Sabores" promoverá a cultura mariñeira mediante degustación dos produtos pesqueiros que comercializa o pósito ao tempo que haberá decenas de actividades

07 Septiembre 2016 por
Valora este artículo
(2 votos)
Presentación da festa, este mércores en Panxón. / Foto: Concello de Nigrán Presentación da festa, este mércores en Panxón. / Foto: Concello de Nigrán

O Porto de Panxón será escenario durante esta fin de semana da primeira edición da festa "Nigrán, mar de sabores", un evento que fusiona tradición mariñeira con gastronomía e ocio organizado entre Concello e Confradía de Pescadores 'A Anunciada' coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP).

O obxectivo destas xornadas festivas, que se desenvolverán durante todo o sábado e domingo, é por en valor os produtos pesqueiros locais máis representativos e o patrimonio cultural asociado ao mesmo. Así, os asistentes poderán degustar diferentes pratos (arroz mariñeiro, postres caseiros, navallas, percebes, polbo, mexillóns.. todo productos que comercializa o pósito) ao tempo que se ofrece unha programación ininterrumpida de ocio para todo tipo de público que inclúe exhibicións, obradoiros, xogos, actuacións musicais...

"Queremos por en valor os nosos productos locais ao tempo que facemos visible o noso patrimonio cultural pesqueiro. O obxectivo é que teña continuidade no tempo e sexa unha gran festa de referencia que leve ata setembro a tempada de verán no municipio. É tamén un xeito de atraer público a Panxón repercutindo directamente nos negocios locais, que se beneficiarán deste evento que pretende desestacionalizar o turismo", sinala o alcalde, Juan González. De feito, este proxecto presentado ante o GALP no apartado de "non productivo" acadou a primeira posición entre os 29 presentados.

Entre as actividades programadas destacan os obradoiros explicativos das diferentes artes pesqueiras e a súa evolución no tempo, unha exposición fotográfica sobre a pesca artesanal na costa de Baiona ou Nigrán e aerofotografías da mesma, outra exposición fotográfica adicada á realidade do oficio da muller no sector ("Un mar de mulleres"), acuarios con especies mariñas locais, zona de xogos para nenos, obradoiro de torno cerámico, paseos en kayac... Todo elo acompañado de actuacións de grupos folk e bandas tradicionais locais, representacións que nos recordarán as tradicionais subastas de peixe ou incluso a simulación do rescate dun golfiño o domingo ás 12:15 horas a cargo de CEMMA (Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños). O sábado finalizarán a xornada co concerto ás 22:00 horas do grupo folk Talabarte, mentras que o domingo a actuación principal se traslada ás 13:00 horas co grupo de gaitas Os Terribles de Donas. Ámbolos dous días haberá exhibición de flyboard, un novo e espectacular deporte náutico que consiste nunha táboa baixo os pés con dous potentes chorros cara abaixo que permiten voar sobre a auga, sumerxirte nela, dar saltos e facer todo tipo de piruetas.

Toda a programación terá lugar no porto de Panxón, onde se instalarán carpas e se acondicionará o espazo para acoller este evento que arranca o sábado ás 11.00 horas e o domingo ás 10.00 horas.

En definitiva, as xornadas servirán para levar a cabo unha labor divulgativa da importancia do sector pesqueiro na zona, para mellorar a concienciación ambiental e, ao mesmo tempo, para fomentar o consumo responsable dos produtos do mar.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos