17102019Jue
Última edición: Jue, 17 Oct 2019 1pm

plan concellos 2016

Nigrán recibirá 160.000 euros para mellorar viais

A Xunta de Goberno deulle o visto bo á última contía, enmarcada na liña 1 de investimentos

25 Julio 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Trátase dunha axuda enmarcada na liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2016. Trátase dunha axuda enmarcada na liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2016.

A Deputación de Pontevedra, na xunta de goberno, vén de aprobar unha achega económica de 159.794,32 euros para o Concello de Nigrán, que se destinará para a pavimentación de varios viais municipais.

Trátase dunha axuda enmarcada na liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2016, que o ente provincial desenvolve ao longo deste ano.

Con esta contía, a Deputación completa o 100% de execución do Plan Concellos 2016. Esta achega vén sumarse a outras xa aprobadas ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos, con investimentos, entre outras actuacións, para creación e acondicionamento de espazos públicos e parques biosaudables, melloras de parques infantís, actuacións de saneamento e pavimentacións. Dentro da liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- a Deputación destinou este ano a Nigrán un total de 35.062,08 €, así como outros 213.215,31 € na liña 4 para a contratación de 29 traballadores e traballadoras municipais.

Inicia sesión para enviar comentarios

cine

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos