• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 8 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    baiona

    Sabarís recupera un espazo cheo de vida

    Inaugurado o novo Multiusos-Mercado cun investimento de máis de 600.000 euros do Plan Concellos da Deputación, ata o momento a maior inversión que Baiona levou a cabo ao abeiro do plan provincial
    Redacción por Redacción
    25 de Jun, 2021
    en Baiona
    0
    Sabarís recupera un espazo cheo de vida

    “Un espazo cheo de vida, de vangarda, de cultura e de luz que abre as súas portas mostrando como si é posible facer actuacións sobresaíntes, pensadas co obxectivo de recuperar o espazo público para as persoas”. Así se pronunciou esta tarde a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nos actos de inauguración do novo Multiusos-Mercado de Sabarís, en Baiona. Acompañada do alcalde Carlos Gómez, da corporación municipal, do deputado de Cooperación Santos Héctor, e de colectivos e asociacións de Sabarís, a presidenta provincial coñeceu os detalles dunha actuación moi esperada, que permitiu recuperar o inmoble como punto de encontro cultural e de relación cidadá, comercial e social.

    O proxecto foi financiado integramente co Plan Concellos da Deputación con 629.200€, a maior inversión que ata o momento Baiona levou a cabo ao abeiro deste plan provincial. O acto de inauguración, que contou coa actuación musica do cantautor Valentín Dacova que interpretou varios temas, comezou co descubrimento dunha placa conmemorativa da apertura dun “espazo multicultural de referencia no municipio, para uso e goce de toda a cidadanía”.

    Na súa intervención, Carmela Silva puxo en valor a recuperación do edificio, “recuperar a súa estética, recuperalo para a xente, para a cultura, e convertelo nun punto de encontro para a cidadanía de Baiona, de toda a provincia, de Galicia e de todas as persoas que nos visitan”. “É un investimento moi importante, dixo a presidenta provincial, pero iso non é o importante. Recuperar o patrimonio, darlle uso público e cultural é apostar polo futuro, unha forma de entender o futuro no que as persoas están no centro de todo, e na que se pensan os proxectos para darlle mais valor, si cabe, a un pobo tan fermoso como o de Baiona”

    Pola súa banda, o alcalde Carlos Gómez agradeceu á Deputación a aposta polo Plan Concellos que permite o desenvolvemento dunha actuación tan importante. “Falamos dun espazo inigualable co que damos un gran paso cara adiante en canto ao que vai ser o futuro da cultura en Baiona”. O alcalde subliñou que será de “moita axuda para conseguir desestacionalizar a chegada de visitantes e, amais, pon en valor unha parroquia tan importante para nós como é Sabarís”. Carlos Gómez rematou dando os parabéns ás veciñas e veciños da contorna porque, en definitiva e antes que nada, é un espazo para que o desfruten elas e eles”.

    Este emblemático edificio, de interese arquitectónico e catalogado dentro do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico do Concello de Baiona, formaba xunto con outro inmoble colindante o conxunto do mercado municipal. Grazas ás actuación desenvolvida déuselle un uso complementario ao comercial coa creación de espazos de carácter social como espazos de reunión, salas de actos e restauración. En definitiva, creouse un lugar no que a partir de agora se conxugarán actividades culturais, cidadás, sociais e comerciais. Ademais, con estes traballos recuperouse a estética exterior do edificio orixinal, abriuse o espazo cara a rúa con grandes xanelas, mellorouse a mobilidade e recuperouse o espazo público para a veciñanza.

    Co gallo do acto inaugural, o novo Multiusos acolleu a apertura da primeira exposición, unha mostra do escultor vigués Jose Morales, que consta de 11 pezas de gran formato realizadas case todas elas en fibra de vidro e unha de bronce, que poderá visitarse ata o 7 de xullo. Nela o público desfrutará, entre outras obras, dunha réplica da escultura do autor “Sempre Benéfica 1989” situada no Porto de Vigo, ou doutra réplica da escultura que Jose Morales realizou ao falecido motorista Dani Rivas que se atopa en Moaña.

    Un espazo cheo de cultura. Programación

    Tras a exposición de Morales o Multiusos-Mercado de Sabarís acollerá o X Mercado de arte, que levará a Baiona pintura, escultura e fotografía os 9, 10 e 11 de xullo. A continuación, entre o 15 e o 31 de xullo, Sandra Yinet Amelines exporá as súas pezas de grafito e acuarela. Esta última técnica tamén é empregada por Irene Corral, quen entre o 1 e o 15 de agosto amosará as súas obras de acuarela e os seus lenzos. Ao finalizar esta mostra, o espazo acollerá “Bicos da Nai”, unha visión poliédrica sobre a maternidade a través de fotografías en branco e negro. A exposición, de Mónica Castuera e Txiki Dacosta, poderá visitarse entre o 16 e o 31 de agosto. Para finalizar o verán, o Multiusos acollerá o Espazo Ñó!, entre o 1 e o 15 de setembro con fotografías, deseños e ilustracións de Cristina Grande, Silvia Álvarez e Olaya Fernández.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraSabarís

    RelacionadosArtículos

    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026
    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”
    Deportes

    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”

    29 de Nov, 2025
    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas
    Actualidad

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas

    12 de Nov, 2025
    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025
    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025
    Local

    Caballero exige «ya» más millones a Xunta y Diputación para el estadio de Balaídos

    30 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La ETEA no arranca
    Más Vigo

    La ETEA no arranca

    Esta fotografía muestra parte de las instalaciones de la ETEA, acrónimo de Escuela de Transmisiones y Electricidad de la Armada,...

    por Julio Alonso
    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR