Segundo informou o 112, pasados uns minutos das 19:30 horas da tarde do martes, un particular alertaba ao CAE 112 Galicia dunha persoa inconsciente tirada nas rochas, concretamente, pasando o rompeolas.
Decontado, se alertou a Urxencias Médicas, Garda Civil e aos efectivos do GES de Val Miñor . Os Bombeiros de Baixo Miño tamén foron informados do suceso. Debido á gravidade, os servizos sanitarios comunicaron ao 112 Galicia que un helicóptero medicalizado tamén se desprazaba ao punto.
Finalmente, a persoa unha vez rescatada polos efectivos do GES foi evacuada polos sanitarios ao Hospital.