O aire moveuse con forza e desaconsellou ós actos no exterior. Os oficiais foron trasladados ó Multiusos, pero a representación musical do Bruxo Queima e Andrea Pousa das 21:00 horas foi anulada. Condicionantes nun día de marzo de vento do norte e choiva intermitente. É o que ten que a Carabela Pinta chegara a Baiona no terceiro mes do ano de 1493 baixo o mando de Alonso Pinzón. Atopar días solleiros sempre é unha dificultade.
De vez en cando choveu un pouco. Era preciso que os visitantes chegados a Baiona, este venres foron relativamente poucos pero deixáronse ver no casco histórico, buscaran refuxio en cada chuvasco. O mellor lugar para atopalo era nos postos de comida. Había de todo, empanada, chourizos ou doces. O seu característico arrecendo enchía as estreitas rúas e o bandullo comezaba a pedir. Foi complicado saír das pequenas rúas sen probar algúns dos alimentos. Aínda que, entre todos eles, destacaba un porco enteiro e pendurado dun ferro do monte. Por debaixo as brasas ían facendo o seu traballo…
Alimentos había moitos e tamén algúns que outros licores. Non obstante, tamén chamaron a atención os artesáns dos oficios tradicionais. Cesteiros, ferreiros e canteiros. Precisamente, algún dos que traballaban a pedra parecían debuxar sobre o granito. Tiñan un elevado nivel de perfeccionamento. Sen dúbida, unha das mellores recomendacións da Arribada e parar uns minutos para observa como traballan estes artesáns. Haberá oportunidade, hoxe espérase unha asistencia notable, pero tamén son moitas as actividades. Consulta o programa e o parte meteorolóxico.