A calidade dos seus servizos, a competitividade das súas empresas e o feito de ofrecer a mellor experiencia e satisfacción ao turista fixo que a Secretaria de España concedese o premio de segundo finalista ao Concello de Baiona no marco da Feria Inernacional de Turismo (Fitur) en Madrid.
Baiona estaba preseleccionado, xunto a outros nove candidatos, a optar ao premio Mejor Destino Sicted 2016, e coñeceu a boa nova no acto celebrado no stand de Turespaña. O alcalde, Ángel Rodal, recibiu o premio de mans da secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asían, e do secretario xeral da FEMP, Juan Ávila.
“É un privilexio para Baiona recibir un galardón que recoñece a calidade do seu turismo e ven a premiar o traballo feito durante os últimos anos e os esforzos por conseguir que os nosos visitantes marchen coa sensación de que pronto volverán a nosa Vila”, afirmou Ángel Rodal.
Baiona xa foi premiada en 2015 nos galardóns ao Mellor Destino de España Sicted, o que consolida a súa evolución no perfeccionamento
dos seus servizos turísticos. Na edición de este no o mellor destino recaeu en Almagro e o primeiro finalista foi Fuerteventura. Os nove seleccionados eran Fuerteventura, Almería, La Gomera, Baiona, Laredo, Almagro, Benavente, Málaga, Montaña de Navarra y Gran Canaria.
Sicted (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destino) é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos, auspiciado pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e financiado pola Secretaría de Estado de Turismo, que traballa con empresas/servizos turísticos de hasta 30 oficios diferentes, co obxectivo último de mellorar a experiencia e satisfacción do turista. Baiona conta xa con 43 empresas e servizos recoñecidos polo Sicted, ademais das seis praias do municipio.
Este xoves Baiona tamén participou na presentación do proxecto do Camiño Portugués pola Costa da man da Deputación de Pontevedra e conxuntamente co resto de concellos polos que pasa a ruta xacobea.
Vídeo e cartel da Festa da Arribada
Este venres será outro dos grandes momentos de Baiona na feira de Turismo coa presentación da XXII Festa da Arribada. Neste caso, a Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, presentará xunto co Concello de Baiona a nova edición da festa declarada de Interese Turístico Internacional.
No acto, procederase a proxectar o novo vídeo que conmemora un ano máis a chegada da Carabela “La Pinta” ao porto baionés. Ademais, tamén se presentará o cartel oficial da festa.