Os traballos da Concellería de Vías e Obras tamén inclúen a mellora do sistema de recollida de pluviais e da capa de pavimentación nun tramo de uns 200 metros cadrados.
O alcalde, Ángel Rodal, e o concelleiro José Ángel Bahamonde pasaron revista aos traballos e comprobaron as melloras unha zona moi transitada por tratarse dun lugar no que se celebran moitas actividades.
“Continuamos con este tipo de actuacións necesarias para as parroquias, actuacións moi importantes en lugares de reunión para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”, apuntou o edil de Vías e Obras.
O goberno local de Baiona mantén reunións periódicas nas parroquias para coñecer as necesidades dos veciños e cada seis meses celebra encontros abertos a todos os barrios nos que recibe peticións e suxerencias.