• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    martes, 30 de mayo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Baiona estrea parque canino e melloras no paseo fluvial do río Baíña

    A Deputación de Pontevedra confirma que as obras de pavimentación en todo o trazado da EP-2204 Sabarís-Belesar comezarán en breve
    Redacción por Redacción
    27 de Ene, 2021
    en Baiona
    0
    Baiona estrea parque canino e melloras no paseo fluvial do río Baíña

    Agís, Martínez e Lamas, co novo parque canino ás súas costas. / Foto: Deputación de Pontevedra

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A Deputación de Pontevedra está a transformar Baiona con importantes investimentos en infraestruturas, mobilidade e equipamentos municipais para os que destina un orzamento de máis de 600.000 euros. Entre as actuacións destacan as obras de reposición de firme en todo o trazado da EP-2204 Sabarís-Belesar, cuxa execución inminente anunciaron este mércores o deputado provincial Gregorio Agís e a deputada Iria Lamas, nunha visita á localidade xunto ao concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez.

    Nesta obra de mellora da seguridade viaria, a Deputación inviste un orzamento de máis de 540.000 euros. Trátase dunha actuación transformadora e “moi importante para Baiona”, como destacou o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, que subliñou que esta actuación tiña sido demandada desde o Concello, “co que existe unha colaboración continua”. Afirmou que a obra “suporá unha mellora da seguridade tanto para o tráfico rodado como para os peóns, de acordo cos criterios de mobilidade amable adoptados por esta Deputación dende o ano 2015”. Agís anunciou que a institución provincial seguirá a colaborar “man a man co Concello de Baiona para facer posible obras como esta”.

    Os traballos de reposición do firme desenvolveranse ao longo dos 6,3 quilómetros desta estrada, na que tamén se instalarán catro redutores de velocidade para o acougado do tráfico e na que se renovará a sinalización horizontal e vertical. A obra está xa en proceso de licitación por parte da Deputación e as empresas teñen de prazo ata o 10 de febreiro para presentar as súas ofertas. Ao longo deste mes de xaneiro, explicou, a Deputación está a licitar actuacións en seis estradas provinciais e esta de Baiona era unha das máis demandadas.

    Pola súa banda, o concelleiro Óscar Martínez subliñou que a mellora da estrada provincial EP-2204  “vai cubrir as necesidades dunha das zonas mais poboadas do concello de Baiona”. “Consideramos que é totalmente necesaria e será unha mellora tanto para a accesibilidade como a mobilidade de todas as persoas de Belesar e Sabarís”, engadiu.

    Agís e Lamas visitaron xunto a Martínez outras dúas obras financiadas ao abeiro do Plan Concellos da Deputación, o  acondicionamento do paseo fluvial sobre o río Baíña, realizada cunha achega 42.130 euros, e a habilitación dun parque canino en Monte Boi, para a que a institución provincial concedeu unha axuda de 30.247 euros. 

    No primeiro caso, as actuacións de acondicionamento e mantemento do paseo fluvial consistiron basicamente en obras de limpeza e tratamento. Deste xeito, fíxose un lavado a presión con máquina de todos os elementos da pasarela, e tamén se aplicou un tratamento contra as escorregaduras. Amais, acometéronse varias reparacións, como a substitución de taboleiros en mal estado, a ancoraxe da varanda no tramo inicial e a reposición dos gardarraís deteriorados.

    No que atinxe á área de Monte Boi, trátase dun espazo biosaudable para que cans e cadelas poidan pasear e exercitarse soltos, sen ocasionar molestias ás persoas viandantes. O parque, que se atopa nas inmediacións da praia dos Frades, habilitouse con varios tipos de pavimento e dispón dunha fonte para que poidan beber os cans e varios elementos de axilidade, así como un contedor para depositar os excrementos. Amais deses elementos, as obras incluíron o acondicionamento do terreo e perfilado dos camiños de tránsito, a conexión aos servizos de auga existentes, a colocación de bordos e empedrado e a realización de sendas e zonas de areeiro.

    Tags: BaionaEP 2204Monte Boiparque caninoPaseorío Baíña

    RelacionadosArtículos

    El PP logra el efecto buscado con Almuíña en Baiona y con Nava Castro en Ponteareas
    Baiona

    El PP logra el efecto buscado con Almuíña en Baiona y con Nava Castro en Ponteareas

    28 de May, 2023
    Cuando John Milton cantó a Baiona
    Más Vigo

    Cuando John Milton cantó a Baiona

    27 de May, 2023
    GALICIA.-28M.- Rueda presenta a Vázquez Almuíña como el candidato que llevará el "cambio" a Baiona y elogia su trayectoria
    Baiona

    Rueda presenta a Almuiña como el candidato del «cambio» en Baiona: «No hay nadie mejor»

    26 de Abr, 2023
    Almuíña dejará el puerto de Vigo el 20 de abril para centrarse en su candidatura a la Alcaldía de Baiona
    Baiona

    Almuíña dejará el puerto de Vigo el 20 de abril para centrarse en su candidatura a la Alcaldía de Baiona

    14 de Abr, 2023
    Baiona ofrecerá visitas guiadas gratuitas por su casco histórico durante la Semana Santa
    Baiona

    Baiona ofrecerá visitas guiadas gratuitas por su casco histórico durante la Semana Santa

    05 de Abr, 2023
    Carmela Silva visitou co alcalde Carlos Gómez novas obras que desenvolve a institución provincial na EP2204 Sabarís-Belesar, na que leva investidos xa máis de 730.000 €, e a mellora do Camiño de Serralleira, á que o goberno local destinou 133.191 € do Plan Concellos
    Baiona

    Case un millón de euros para seguridade viaria en Baiona: Serralleira e Sabarís-Belesar

    25 de Mar, 2023

    Más Vistos

    La rampa de Carral entra en funcionamiento y la nueva Porta do Sol recibe su primer árbol

    La rampa de Carral entra en funcionamiento y la nueva Porta do Sol recibe su primer árbol

    por David Lorenzo
    25 de May, 2023
    0

    La Xunta convoca a los dueños de los terrenos necesarios para construir aparcamientos en Nigrán y Moaña

    La Xunta convoca a los dueños de los terrenos necesarios para construir aparcamientos en Nigrán y Moaña

    por Europa Press
    26 de May, 2023
    0

    David Guetta ofrecerá un “espectáculo de 4 horas” en Castrelos con dos artistas invitados

    David Guetta ofrecerá un “espectáculo de 4 horas” en Castrelos con dos artistas invitados

    por David Lorenzo
    25 de May, 2023
    0

    Cortes de tráfico en Samil y en el centro de Vigo para poder celebrar el Rallye Rías Baixas

    Cortes de tráfico en Samil y en el centro de Vigo para poder celebrar el Rallye Rías Baixas

    por Redacción
    24 de May, 2023
    0

    El Concello de Vigo reabre toda la calle Aragón tras apurar las obras en horario nocturno

    por Redacción
    26 de May, 2023
    0
    El Concello de Vigo reabre toda la calle Aragón tras apurar las obras en horario nocturno
    Local

    La calle Aragón ha sido reabierta al tráfico en su totalidad este viernes al terminar el grueso de las obras

    Leer mas

    El Aldi de Mos abrirá antes de que termine 2023

    por Redacción
    29 de May, 2023
    0
    El Aldi de Mos abrirá antes de que termine 2023
    Mos

    El nuevo supermercado que la firma Aldi está construyendo en Mos abrirá sus puertas antes de que acabe 2023. Así

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR