O Salón de Plenos de Baiona acolleu un acto no que tamén estivo presente a familia do homenaxeado, así como o alcalde, Ángel Rodal, membros da Corporación Municipal e os exrexedores Jesús Vázquez Almuiña, actual conselleiro de Sanidade, Manuel Vilar e Benigno Rodríguez Quintas.
“É unha das persoas que coa súa paixón, devoción e fervor axudou a conservar as nosas costumes, tradicións e cultura, de forma altruista e desinteresada ”, afirmou Ángel Rodal.
Pola súa banda, Roberto Leyenda destacou que dende 1966, cando abandona a súa profesión como mariñeiro, ata a actualidade “levei todas as imaxes, conto cun gran equipo, gústanos moito o que facemos, estamos orgullosos e seguiremos a traballar para seguir facendo”.
Roberto Leyenda
Roberto Leyenda Martínez (Baiona, 1947) naceu no seo dunha familia humilde de mariñeiros de Baiona e desempeñou unha longa carreira de mariñeiro en todos os mares do mundo ata que entrou a traballar na factoría de Citroën en Vigo, onde xubilouse. A súa devoción como costaleiro de Baiona comezou no ano 1966 e desde entón “contribuíu de forma altruísta a preservar as nosas tradicións e costumes máis relixiosos e coas súas accións voluntarias e desinteresadas ao longo da súa vida é un exemplo para destacar e recoñecer pola corporación local”.