Desde xeito, o goberno de Carmela Silva pon a disposición de Baiona este ano un total de 951.515 euros a través do Plan Concellos 2019, o que supón un 3,23% máis que no exercicio anterior.
Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 661.257 euros, Baiona tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 84.174 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 206.083 euros da Liña 3 de emprego cos que o concello pode financiar a contratación de 21 traballadores e traballadoras para a vila.