Rodeada de familiares, amigos e veciños que a coidan e seguen pendentes dela para que non lle falte de nada, Julia segue perfectamente lúcida e goza dunha saúde envexable que fai que non sen prive dunha copita de champán ou dun pedazo de tarta na súa celebración. “Hoxe ata me pintei os labios e as uñas”, afirma a homenaxeada en proba de que a súa idade mantén intacta a súa coquetería.
Invitados pola familia, ao aniversario acudiron o alcalde, Ángel Rodal, e á concelleira de Benestar Social, Carmen Paredes. “Non quixemos perder esta cita tan entrañable para ela e que levaba días esperando para celebrar, proba da ilusión por poñerlle vida aos anos”, afirmou a concelleira.
Ademais de Julia, agora mesmo no municipio superan o centenar de anos outras tres mulleres. Carmen, de Ponte Baredo, que cumplirá 104 anos en novembro; Dionisia, de A Percibilleira, que o próximo 5 de febreiro cumprirá 101 anos; e Emilia, de Belesar, que tamén o próximo mes chegará os 101.
“É un honor para Baiona ser un dos municipios de maior lonxevidade, proba de que vivimos nun entorno privilexiado, que complementado coa boa xenética e os mellores coidados , fai que os nosos maiores pasen de centenarios”, engade Carmen Paredes.