A necesidade da actuación vén determinada pola importancia da instalación na promoción da práctica de actividade física e deportiva no concello de Baiona e en toda a comarca que comprende. O investimento enmárcase así no compromiso da Xunta de Galicia de favorecer o equilibrio territorial, a calidade de vida e a igualdade de oportunidades entre os galegos e galegas, tanto nos núcleos urbanos como rurais, costeiros ou de interior, e de seguir impulsando a práctica deportiva e de actividade física como factor de consecución de maiores cotas de saúde e do benestar entre a poboación.