Para Almuiña, a atención as persoas con esclerose múltiple ten que tratarse cunha abordaxe integral que permita a adecuada coordinación entre os recursos sanitarios, sociais e as asociacións de pacientes, das que dixo, fan un traballo realmente importante.
O conselleiro afirmou que contamos con centros e profesionais de gran especialización e competencia, como o Servizo de neuroloxía do CHUS, que é un dos 12 centros de referencia de esclerose múltiple designados polo Ministerio. Estes centros só existen en 8 comunidades, o que é indicativo do nivel da calidade asistencial a esta enfermidade en Galicia