Segundo explicaron os membros do Servizo de Emerxencias da localidade, o lume comezou nunha caldeira e alcanzou a diversa maquinaria de traballo que se almacenaba nun andel. As tres persoas que estaban nese intre no interior da vivenda resultaron afectadas e, despois de seren atendidas no mesmo lugar dos feitos por un equipo de Urxencias Médicas, foron trasladadas ao PAC.
Foi, precisamente, un dos afectados quen contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Eran as 8:45 horas de hoxe. A partir de aí, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño e dos membros do grupo de emerxencias local, quen, finalmente, sufocaron o incendio. Tamén foron informados os axentes da Policía Local. O suceso se rexistrou no Camiño Andrea.