“Recolléronse preto dun cento de quilos de lixo que van ser empregados para realizar unha análise, tanto cualitativa como cuantitativa, do tipo de refugallos abandonados nas praias”, explicou a docente.
A información obtida integrarase na base de datos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente para a súa posterior análise e obtención de datos científicos que poidan servir para coñecer o impacto ambiental que xeran os residuos abandonados nas praias.
“Elixiuse esta praia porque non é urbana e, polo tanto, non ten servizo de limpeza, que era un dos requisitos para poder incluír os datos na plataforma”, engadiu Álvarez, docente do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, que quixo tamén facer fincapé en que con esta actividade, pensada para un público familiar, “trátase de achegar o noso gran de arena ao coidado do medio ambiente”.
Esta campaña, posta en marcha o pasado 29 de setembro, levouse a cabo en 47 puntos costeiros de 21 provincias, incluíndo dúas praias fluviais do interior y contou coa participación de máis de mil persoas voluntarias.
Entre outros puntos, leváronse a cabo recollidas no Rincón de la Victoria (Málaga), Punta del Hidalgo (Santa Cruz de Tenerife), Platja Llarga (Tarragona), praia da Arena (Bizkaia), praia do Albir (Alicante), Matalascañas (Huelva) ou na praia do Levante (Barcelona).